Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de trinta PEME galego-portuguesas participaron na xornada de Ineo sobre os mercados asiáticos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de trinta PEME galego-portuguesas participaron na xornada de Ineo sobre os mercados asiáticos

Redacción
Publicado: 08/10/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xornada_ineo.jpgA Asociación de Empresarios de Tecnoloxía de Galicia (Ineo) celebrou esta mañá na sede viguesa da CEP a xornada Oportunidades de negocio multisectorial en China e India, un evento enmarcado no proxecto de fomento da internacionalización ECICII Plus que achegou aos asistentes claves para iniciar ou ampliar procesos de internacionalización nestes mercados. O director de operacións de Ineo, Luis Rey, foi o encargado de inaugurar a xornada, desenvolvida en colaboración co Banco Sabadell, detallando as oportunidades que brinda o dito proxecto: unha iniciativa para as PEME galegas e do norte de Portugal que lles axuda a abrirse camiño no mundo, poñendo o foco nas firmas agroalimentarias ou de servizos intensivos de coñecemento. Na cita de hoxe participaron máis de trinta representantes de empresas de ámbalas beiras da raia.
Luis Rey tamén salientou os catro grandes bloques de servizos que ofrece o proxecto: diagnóstico, asesoramento, información e organización de misións inversas e eventos de promoción no exterior. Sobre este último punto, o director de operacións de Ineo lembrou que a asociación ten prevista unha misión comercial a México, que se celebrará a finais deste mes, orientada ao sector das Tecnoloxías de Información e Comunicación (as TIC). “Desde a nosa entidade coordinamos esta viaxe que permitirá promover os produtos e servizos das PEME da Eurorrexión na Conferencia Internacional de Investigación e Innovación en Enxeñaría de Software (CONISOFT) e nas súas actividades asociadas”, informou.
Na cita de hoxe tamén interveu Armando Priegue-Freire, socio director de Axperia Ventures, moderador da xornada, quen esbozou algunhas das características dos países protagonistas da xornada e fixo referencia á experiencia das firmas galegas nestes mercados.
Hugo Tian Hong, director do China Center de París e presidente do China Source Capital Investment, que participou en grandes proxectos entre China e Europa, foi o encargado de presentar as oportunidades de negocio que brinda este país asiático ás PEME da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Tras esta intervención, tomou a palabra Guillermo Montero, xerente de Mar Ceibe, que contou a experiencia desta compañía galega que leva xa seis anos exportando ostras frescas a China.
Logo, Arun Kumar, conselleiro de Sunpower en India e socio de Axperia Ventures en Nova Deli, e que conta con máis de 25 anos de experiencia no sector energy utilities en India e Europa, expuxo as características e oportunidades do mercado indio.
Na mesma liña versou a intervención de Gonzalo Varela, director de GV Solucións, que contou a experiencia da súa compañía na India e como presentou no Water Impact Summit 2018 as súas solucións tecnolóxicas para que as autoridades deste país resolvan problemas no ciclo de auga.
Por último, Javier Balbín, e director de Negocio Internacional en Banco Sabadell, presentou os instrumentos de apoio que ofrece a entidade financeira para a expansión das compañías cara a estes mercados. A xornada finalizou cun café networking acompañado de reunións bilaterais entre as empresas asistentes e os relatores da mesma.
Sobre ECICII Plus
O proxecto Estrutura Empresarial Conxunta para o Impulso e a Captación de Iniciativas de Internacionalización, ECICII Plus, enmárcase dentro do Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. O seu obxectivo é “fortalecer a capacidade de internacionalización das PEME da Eurorrexión a través da intensificación da cooperación transfronteiriza e do aproveitamento das sinerxías da experiencia galega e do norte de Portugal, apostando tamén pola experimentación con modelos de internacionalización multisectorial”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?