Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: XacobeoTech mellora con xeolocalización inclusiva a experiencia dos peregrinos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

XacobeoTech mellora con xeolocalización inclusiva a experiencia dos peregrinos

Redacción
Publicado: 09/10/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20191009ceciliapereira3.jpgO Teu Xacobeo, a iniciativa galega para adiantarnos ao vindeiro ano santo cos mellores recursos, integralmente e coa participación da máxima cantidade de concellos, empresas, entidades e cidadáns, colleu pulo hoxe coa presentación en Arzúa das últimas novidades tecnolóxicas que se lle incorporan: as tecnoloxías de XacobeoTech. Trátase dunha iniciativa que tira proveito das máis modernas ferramentas para mellorar a experiencia dos peregrinos. Isto a nivel xeral. A nivel específico, inclúe sistemas de xeolocalización inclusiva e aplicacións de etiquetado de monumentos e edificios históricos do Camiño conectadas a videoguías. Na presentación participou a comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, quen experimentou coa Realidade Virtual para contemplar treitos de rutas a través de drons.
Segundo fixo saber, XacobeoTech ten o engadido extra de ser un proxecto inclusivo, xa que forman parte da experiencia o músico Serafín Zubiri, que viaxa nun tándem (guiado por unha persoa sen dificultades de visión), Javier Pitillas e membros de Discamino, que viaxan en cadeiras de rodas guiadas por bicicletas.
Para desenvolver esta iniciativa e difundila, 13 peregrinos en bicicleta saíron o pasado luns do Cebreiro e remataron hoxe a súa segunda etapa en Arzúa, de onde sairán mañá cara a Compostela. Ao longo das etapas, os peregrinos van probando a tecnoloxía que forma parte de XacobeoTech, ademais de facer unha análise do actual estado de accesibilidade das localidades polas que pasa este tramo do Camiño Francés.
O proxecto inclúe obradoiros de tecnoloxía sustentable e conservación do patrimonio natural. Ao termo de cada etapa os peregrinos fan unha demostración das tecnoloxías empregadas polo Camiño e, pola tarde, celebran as tecnolareiras, encontros gravados en vídeo coa veciñanza co obxectivo de recoller lendas e contos do Camiño e que logo editan na canle de Youtube de XacobeoTech.
Segundo lembrou Pereira, amais do XacobeoTech, O Teu Xacobeo ten previsto desenvolver outros proxectos tecnolóxicos que incorporan ferramentas TIC para “facilitar, fomentar e amplificar as riquezas do Camiño” e, sobre todo, “contribuír a mellorar a experiencia dos peregrinos”. Entre eles, destacan aplicacións móbiles que permitirán aos viaxeiros gardar e compartir fotografías ou informacións relevantes sobre as rutas, como é o caso de Mi camino/My way ou Xacobeo 2021 with jjffy.
Entre a vintena de iniciativas programadas salienta tamén unha aplicación de realidade virtual que promove o Camiño Primitivo en Galicia mostrando ao peregrino os puntos singulares máis representativos e cun maior valor etnolóxico, paisaxístico ou cultural; ou a aplicación Camiñando polo Pontedeume Medieval, que amosará a vila nos séculos XV e XVI, momento de esplendor da peregrinación polo Camiño Inglés.
A todo isto cómpre engadir as 200 placas con códigos QR situadas ao carón da sinalética xacobea, que van encher as etapas nos seus puntos máis salientables. Esta iniciativa está incluída no proxecto O mellor camiño no teu móbil.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?