Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación Naturgy formará en enerxía intelixente e sustentable a 2.800 estudantes da nosa terra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación Naturgy formará en enerxía intelixente e sustentable a 2.800 estudantes da nosa terra

Redacción
Publicado: 10/10/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

naturgy_educacion_centros_educativos.jpgA Fundación Naturgy puxo en marcha o programa Efigy Education, unha iniciativa innovadora que porá ao alcance dos centros educativos españois os coñecementos máis actualizados sobre novas tecnoloxías enerxéticas (como o gas renovable e o seu papel na economía circular, ou a transición intelixente cara a un sistema de enerxía máis sustentable), cun programa de formación continua durante todo o curso escolar. O programa itinerante ten como obxectivo formar a 20.000 alumnas e alumnos de centros de máis de 100 concellos de toda España. En Galicia serán ao redor de 2.800 as mozas e mozos que gozarán de 111 actividades.
Estas 111 accións levaranse a cabo en institutos e colexios da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Narón, Oleiros, Cerceda, Ordes, Carral, Pontevedra, Vigo, Vilagarcia de Arousa, Ourense e Lugo.
Segundo informa a compañía eléctrica, Efigy Education completa a oferta educativa que a Fundación Naturgy puxo en marcha en 2012, pero aglutinando a totalidade dos recursos didácticos da institución e intensificando o labor divulgativo enerxético entre as novas xeracións, “para que poidan contribuír á sustentabilidade futura do planeta”.
A directora xeral da Fundación Naturgy, María Eugenia Coronado, manifestou que “é deber da fundación inspirar aos máis novos para que tomen conciencia sobre o complexo reto que temos que abordar en materia de enerxía”. E engadiu: “Como sociedade, deberemos contar con todo o talento para acelerar a transición cara a un novo sistema enerxético máis tecnolóxico e respectuoso co medio ambiente, e con Efigy Education queremos contribuír a iso”.
O programa formativo, impartido por educadores especializados, é de balde e terá continuidade durante todo o curso. Efigy Education ofrecerá contidos sobre enerxía no ámbito das disciplinas STEM (siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), adaptados a todos os niveis do currículo escolar, co obxectivo tamén de impulsar as vocacións tecnolóxicas desde idades temperás.
Con este novo proxecto, a fundación fornecerá ao profesorado de acceso á información técnica máis actualizada en cuestión enerxética, ofrecendo aos docentes materiais didácticos adicionais para traballar de maneira autónoma en clase, como son os Energykits, as aplicacións online, o programa Aprendizaxe-Servizo ou o Certame Tecnolóxico Efigy.
Lanzamento do II Certame Tecnolóxico Efigy
No marco do programa Efigy Education, a Fundación Naturgy abriu tamén a convocatoria da segunda edición do Certame Tecnolóxico Efigy, co que premiará proxectos inéditos de eficiencia enerxética, elaborados por alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) de centros educativos españois. Con este certame, a Fundación Naturgy busca “espertar as vocación dos estudantes por temas enerxéticos, tecnolóxicos e ambientais, e promover unha educación en usos sustentables e responsables da enerxía”, ao tempo que se reforzar a capacidade dos estudantes para traballar en equipo e as súas habilidades comunicativas.
Na primeira edición, foron seleccionados 15 centros educativos. Durante a final, celebrada o pasado mes de xuño en Madrid, un xurado de expertos valorou os proxectos presentados e elixiu os gañadores das distintas categorías (a proposta máis innovadora, a máis realizable, a mellor comunicada e o centro educativo máis implicado), que premiaron proxectos da Rioxa, Aragón e a Comunidade de Madrid. A inscrición no certame é gratuíta e poden consultarse as súas bases de participación na web da fundación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?