Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia xa conta con 31 centros educativos abeirados ao STEMBach
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia xa conta con 31 centros educativos abeirados ao STEMBach

Redacción
Publicado: 10/10/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ies_lamas_de_abade_stembach.jpg.jpgO Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMBach), destinado a mergullar aos nosos estudantes nos estudos máis relacionados coa investigación e a innovación, chegou este novo curso a 16 novos centros da nosa terra, configurándose unha comunidade total de 31 unidades adheridas á iniciativa. Estes e outros datos foron dados a coñecer onte pola conselleira de Educación, Carmen Pomar, e o delegado da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, durante unha visita ao IES Lamas de Abade de Santiago, integrado no programa. Segundo engadiron, o pasado curso un total de 200 alumnos de 15 centros educativos cursaron estas ensinanzas.
Pomar salientou “a oportunidade que esta iniciativa supón para o alumnado”, dado que lle permite achegarse a un modelo educativo máis apegado á Universidade. Así mesmo, amosouse satisfeita polo feito de que o ano pasado a porcentaxe de rapazas que cursou estes estudos “foi do 50%”, igualada polo tanto coa de homes. “Isto”, dixo, “supón avanzar de xeito satisfactorio nun dos principais obxectivos da estratexia STEM do seu departamento: fomentar as vocacións científico tecnolóxicas de xeito especial entre as mulleres”.
Estes son os centros e nova incorporación este ano: IES Salvador de Madariaga (A Coruña), CPR Plurilingüe Nosa Señora do Carme (Betanzos), CPR Tirso de Molina (Ferrol), IES Concepción Arenal (Ferrol), CPR Compañía de María (Santiago), IES Lamas de Abade (Santiago), CPR Rías Altas (Culleredo), IES David Buján (Cambre), IES Miraflores (Oleiros), IES As Lagoas (Ourense), IES San Paio (Tui), CPR Miralba (Vigo), IES A Xunqueira II (Pontevedra), IES As Barxas (Moaña), IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra) e IES Johan Carballeira (Bueu).
Os centros que xa se abeiraron ao programa o ano pasado son os seguintes: CPR Plurilingüe Compañía de María (A Coruña), o IES Agra do Orzán (A Coruña, o IES Sofía Casanova (Ferrol), IES Plurilingüe Rosalía de Castro (Santiago), o IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago), IES María Casares (Oleiros), IES Lucus Augusti (Lugo), o IES Nosa Sra. Dos Ollos Grandes (Lugo), o IES Francisco Daviña Rey (Monforte de Lemos), o IES Eduardo Blanco Amor (Ourense), o IES Ramón Cabanillas (Cambados) o IES Ramón Mª Aller Ulloa (Lalín), o IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña), o IES República Oriental de Uruguay (Vigo), o IES A Sangriña (A Guarda).
STEMBach
Segundo indica a Consellería, o STEMbach representa “unha opción formativa concibida para Humanidades ou para Ciencias e, ademais, constitúe unha ponte co ensino universitario e un adestramento de cara ao que lles agarda aos estudantes ao remate do bacharelato”.
A Consellería tamén explica que ao abeiro deste programa o alumnado cursa algunha materia extracurricular semanal relacionada co ámbito de materias STEM e “cunha orientación ao traballo na mellora das competencias comunicativas e dixitais”. Esta materia terá unha carga lectiva semanal de 2 ou 3 horas fóra do horario ordinario do alumnado. Así mesmo, os estudantes farán actividades complementarias de formación, organizadas polo centro en colaboración con universidades ou entidades ou organismos investigadores, ou persoas investigadoras de recoñecida competencia; como conferencias, obradoiros ou proxectos.
O alumnado recibirá ao remate unha certificación acreditativa da dirección do centro de que realizou os estudos correspondentes a este programa.
Outra das novas accións STEM é a creación dos Espazos Maker, en palabras da Consellería “lugares nos propios centros educativos que fomentan a creatividade do alumnado baixo a máxima de aprender facendo”. Estes espazos incluirán equipamento específico e unha achega económica e estarán destinados a alumando, profesorado e mesmo familias para que “poidan desenvolver proxectos mediante a experimentación”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?