Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comezou XGN R Encounter 2019 con máis actividades e un 12% máis de participación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comezou XGN R Encounter 2019 con máis actividades e un 12% máis de participación

Redacción
Publicado: 11/10/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

xgn_2019.jpgA party informática XGN R Encounter pon en marcha hoxe a súa décimo novena edición, e faio batendo récords en cifra de persoas inscritas, en conectividade e en número e calidade das súas propostas. A Feira Internacional de Galicia Abanca, que conta de novo nesta cita co respaldo da Consellería de Política Social e (por terceiro ano consecutivo) coa colaboración e patrocinio da empresa R, está a reunir preto dun milleiro de seareiras e seareiros das novas tecnoloxías, fronte aos 900 da edición anterior. Isto no que se refire aos inscritos para a zona Intranet. O incremento é dun 12%.
Aprendizaxe, intercambio de experiencias e diversión serán os eixos dunha cita á que acoden tanto afeccionados como profesionais da informática, o lecer electrónico e as novas tecnoloxías de 23 provincias, o que reflicte, segundo as entidades organizadoras, o crecemento da party e o seu coñecemento fóra de Galicia. Achegaráselles navegación grazas a R a unha velocidade de 20 Gbps, unha cifra que duplica a da pasada convocatoria.
O evento tamén volverá contar cun gran recanto Extranet, unha zona cun completo programa ao que poderán acceder de balde as persoas rexistradas pero tamén as visitantes en xeral que se acheguen ao recinto de Silleda.
A cita conta con numerosas actividades dirixidas exclusivamente aos rexistrados, como concursos de arte dixital nas súas tres vertentes, creación de imaxes dixitais, música dixital e programación. Ademais, o hardware contará con numerosas actividades, entre elas modificación e personalización de equipos, granxas de impresoras 3D e zonas de realidade virtual orientadas unicamente a estes participantes. Sumaranse os torneos de videoxogos, que nesta ocasión aumentan un 25% os seus títulos e inclúen estilos para todos os gustos.
xgn_2019_2.jpgPor outra banda, tanto para os inscritos como para os visitantes á Extranet haberá moitas outras actividades. Destacará a proposta de realidade mixta, que combina a realidade virtual cun escenario con partes reais, e que supón “unha inmersión total”, sinalan as entidades impulsoras do evento, engadindo que “nesta edición aumentáronse espazo e salas, e nelas poderán vivirse experiencias como camiñar por enriba de edificios nunha gran cidade, mergullarse baixo o mar ou voar sobre un dragón”.
Sumaranse a elas distintas conferencias sobre a actualidade das novas tecnoloxías, como Claves para que o teu negocio triunfe na internet, Seguridade e privacidade na rede, Mamá, mamá, quero ser hacker, Desenvolvemento de software no século XXI: converte a túa paixón na túa profesión, Introdución ao hacking de videoxogos e Ivao, presente e futuro. Tamén haberá obradoiros, como por exemplo o de Crea R de robótica, onde os nenos poderán iniciarse na montaxe destes enxeños electrónicos nunha iniciativa enmarcada no programa Digitalent da AMTEGA, e os de chovafoam, material para o vestiario de cosplay (actividade consistente en usar disfraces e accesorios para representar unha personaxe de videoxogo, cinema, manga ou cómic). R tamén pon en marcha este ano unha xornada dedicada ás empresas, na que un experto en redes sociais ofrecerá pautas e consellos ás PEME para comunicar ben na Internet e un emprendedor socio tecnolóxico de R exporá como sacou adiante a súa aventura empresarial.
As propostas continuarán con xogos de mesa, xadrez, billar, pistas deportivas, zona de consolas, campionato de karting, partidos de fútbol burbulla, un rocódromo, unha exposición de figuras de ciencia ficción, un concurso de cosplay ou zonas de rol, nerf e wargame.
En total serán máis de 70 as actividades dun programa que medra respecto á pasada edición co obxectivo de que a XGN R Encounter “siga gañando en atractivo tanto para os rexistrados como para os visitantes”.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel; o director xeral da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán; a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira; ademais do conselleiro delegado do Grupo Euskaltel, José Miguel García; o xerente da Fundación Euskaltel, Sabino San Vicente; e o director de Empresas R e Grupo Euskaltel, Isidro Fernández de la Calle; inauguraron esta mañá o encontro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?