Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN informa dos novos instrumentos financeiros para proxectos innovadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN informa dos novos instrumentos financeiros para proxectos innovadores

Redacción
Publicado: 11/10/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20191011_gain_01.jpgA Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o IGAPE, organizou esta mañá en Santiago de Compostela un taller sobre os préstamos IFI Innova. O obxectivo deste obradoiro, no que participou a directora de GAIN, Patricia Argerey, era dar a coñecer os requisitos e características destes instrumentos financeiros innovadores, resolver as dúbidas e establecer un espazo de networking arredor deste novo instrumento de financiamento.
Os préstamos IFI Innova, previstos no Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, están dirixidos especificamente a micro, pequenas e medianas empresas que desenvolvan a súa actividade en Galicia e que desexen executar un novo proxecto de I+D+i co obxectivo de mellorar a posición competitiva da empresa. En concreto, fináncianse con este instrumento proxectos de I+D+i que se atopen nunha fase de madurez próxima ao mercado e que estean aliñados cos retos da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3).
A directora de GAIN contextualizou este instrumento no empeño da Xunta en concentrar os seus esforzos no ámbito da I+D+i nas PEME e nas directrices establecidas pola Comisión Europea no tocante ao investimento de fondos europeos. Argerey apuntou que «as políticas europeas van seguir afondando no investimento en innovación a través de instrumentos financeiros».
Os préstamos IFI Innova reúnen condicións máis vantaxosas que outro tipo de instrumentos como un tipo de interese reducido (Euríbor a un ano +0,10%) cunha porcentaxe de financiamento do 70% a través de préstamo e un 30% de fondos propios ou financiamento bancario; un importe de ata 500.000 euros sen garantías ata os 200.000 euros; é compatible con outro tipo de axudas en réxime de minimis; e un prazo de 2 a 12 anos, con períodos de carencia de ata 4 anos.
Na xornada participaron tamén nunha mesa redonda as seguintes empresas beneficiarias deste instrumento: Lincbiotech, spin-off biotecnolóxica da Fundación Ramón Domínguez que se constituíu en 2017 especializada no desenvolvemento de produtos sanitarios enfocados a neuroloxía; Teimas Desenvolvementos, empresa TIC que desenvolve e comercializa un software como servizo (SaS) para o sector da reciclaxe e residuos creada en 2008; e Enxendra Technologies, empresa de desenvolvemento de software que nace co obxectivo de facer máis eficientes as empresas a través da dixitalización e optimización dos procesos administrativos e comerciais creando solucións de dixitalización e certificación de documentos seguros e fáciles de usar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?