Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cidade da Cultura acolleu a entrega dos premios Emprende Innova Comparte
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cidade da Cultura acolleu a entrega dos premios Emprende Innova Comparte

Redacción
Publicado: 14/10/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

premios_innova_emprende_comparte_galicia_cidade_cultura.jpgO pasado 10 de outubro tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago a celebración da primeira edición en Galicia de Emprende Innova Comparte, un evento organizado por Acción Contra a Fame, en colaboración co Concello de Ames e outras institucións e empresas, como por exemplo a firma TIC de Milladoiro Tecalis. Ao longo da xornada organizáronse obradoiros, encontros e un concurso final que recoñeceu diversos proxectos innovadores. A dito evento asistiron 32 persoas, mentres que no concurso participaron 12 emprendedores/as.
A iniciativa #EmprendeInnovaComparte, incluída a súa edición galega, está dirixida a persoas que vivan en situación de desemprego e interesadas en emprender, así como a participantes do programa Vives Emprende Galicia 2019.
Durante a tarde desenvolveuse un concurso de ideas de negocio. As 12 persoas participantes enviaron previamente un plan de empresa que foi avaliado por un equipo técnico de Acción contra a Fame. Na cita do día 10 desenvolveuse a fase pitch, na que os participantes tiveron que presentar o seu proxecto durante o obradoiro da tarde. O xurado valorou a capacidade de comunicación e venda; a motivación e o entusiasmo; a claridade na exposición; que se abordasen os os puntos clave dun pitch de vendas; así como a orixinalidade e creatividade de cada un dos proxectos.
Para lograr este impulso, outorgáronse tres galardóns: premio Imaxe (creación e deseño do logotipo corporativo a cargo da empresa Conxenia Deseño Gráfico), premio Xestión (apoio á xestión administrativa e fiscal durante 6 meses a cargo da empresa +Suárez) e premio Mentorización (apoio durante 2 xornadas sobre desenvolvemento empresarial innovador e TIC a cargo da empresa Tecalis e asesoramento durante unha xornada de mercadotecnia online a cargo de Asubía Comunicación). As persoas galardoadas foron a amesá Lucía Nieto (premio Mentorización); Fabiola Álvarez, Manuel Pereiro e Fabián Álvarez (premio Xestión), e Maya Alsousli (premio Imaxe).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?