Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: XGN R Encounter achanda o camiño para ser a segunda party estatal máis relevante
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

XGN R Encounter achanda o camiño para ser a segunda party estatal máis relevante

Redacción
Publicado: 14/10/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ganadores_das_distintas_competicions_da_xgn_r_encounter_hoxe_no_escenario.jpgA nova edición de XGN R Encounter, a celebrada esta fin de semana (a décimo novena edición) pasará á historia polo importante nivel de satisfacción mostrado, en materia de calidade e servizo, por parte dos 932 participantes na xuntanza informática xuvenil celebrada na Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda. Asemade, a organización de evento salientou o número obtido de persoas inscritas (123 participantes máis que o ano pasado, máis dun 15% de incremento) e os fitos logrados en conexión (unha velocidade de conexión a Internet que duplicou a da edición anterior, pasando de de 10 a 20  Gbps) e en cantidade e variedade de actividades para participantes e visitantes. Por estes e outros motivos, destacaron os impulsores da quedada, avanzouse un pouco máis “no camiño de converter XGN R Encounter na segunda LAN party máis grande de España, por detrás da Euskal Encounter”.
En palabras de Ricardo Durán, o director xeral da Fundación Semana Verde, “as melloras introducidas na pasada edición, que buscaban incrementar o confort dos participantes, xunto á optimización da rede técnica, que permitiu duplicar a velocidade de conexión a Internet, de 10 a 20  Gbps, grazas á tecnoloxía de R, marcan o camiño para seguir, ao que cómpre engadir o alto grao de satisfacción dos participantes, segundo se desprende das primeiras valoracións recollidas”.
A Feira de Galicia contou de novo con R como colaboradora e patrocinadora e tamén co respaldo da Consellería de Política Social, impulsora do evento. Finalmente, foron 932 os participantes neste evento, que tamén contou con miles de visitantes á Extranet, a zona aberta ao público que ofreceu actividades lúdicas e formativas, de balde, a quen se achegou ao recinto de Silleda (Pontevedra); preto de 2.000 persoas pasaron polo recinto para gozar das experiencias de realidade virtual, conferencias, xogos, exhibicións, talleres formativos e exposicións.
vista_da_xgn_r_encounter_a_pasada_noite.jpgOs organizadores tamén destacaron “a altísima participación dos inscritos nas máis de 70 actividades”. En concreto, “resultou rechamante a calidade dos traballos presentados en arte dixital, o interese polas zonas de impresión 3D e realidade virtual e a asistencia ás conferencias e obradoiros formativos”. Entre estes últimos tiveron especial protagonistmo os talleres Crea R de robótica, financiados pola Fundación Euskaltel e dentro do plan Digitalent da AMTEGA, onde as nenas e nenos puideron iniciarse na montaxe destes enxeños electrónicos. R tamén organizou durante o evento charlas dedicadas ás empresas, nas que, por exemplo, un experto en redes sociais ofreceu pautas e consellos ás PEME para “comunicar ben na internet” ou un emprendedor socio tecnolóxico de R expuxo como sacou adiante a súa aventura empresarial.
A idade media dos participantes foi de 28 anos, moitos deles son profesionais que acoden á XGN R Encounter como punto de encontro para intercambiar coñecementos e realizar contactos. En canto á súa procedencia, os rexistrados chegaron dende 23 provincias. A gran maioría deles son galegos, pero tamén acudiu un bo número desde Madrid e Asturias, e en menor medida, dende provincias como Toledo, Bizkaia, Cantabria, Burgos, Valladolid, Navarra, Barcelona, Sevilla, Córdoba, Málaga, Murcia e Baleares.
A Extranet contou tamén con varios espazos adicados á Realidade Virtual que centraron boa parte do interese dos participantes e visitantes do evento, que puideron gozar da hiperrealidade, na que o usuario experimenta unha inmersión absoluta e interactúa co xogo co seu propio movemento.
A XGN R Encounter está vinculada á rede de Encounters de Euskaltel que vén desenvolvéndose en Euskadi desde hai máis de 25 anos, e da que forman parte a Euskal Encounter, a Gipuzkoa Encounter, e a Araba Encounter, e na que tamén está integrada a Technium R Encounter (Ourense).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?