Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo, o primeiro destino europeo onde recalarán as Aulas Newton de Boeing
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo, o primeiro destino europeo onde recalarán as Aulas Newton de Boeing

Redacción
Publicado: 15/10/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lugo_newton.jpgLugo será o primeiro destino europeo onde se instalen as Aulas Newton Móbiles impulsadas pola Fundación First Escandinavia e Boeing Europa, destinadas á formación do alumnado de secundaria da provincia. Así o deron a coñecer onte estas dúas entidades e máis a Consellería de Economía e o Concello, cuxa alcaldesa, Lara Méndez, sinalou que a iniciativa “brindará á mocidade boas experiencias de aprendizaxe para incentivar o seu coñecemento cara ás profesións relacionadas coa ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas”.
Segundo engadiu Méndez, as Aulas Newton son espazos educativos STEM de alta calidade de 70 metros cadrados que se instalarán na Horta do Seminario do 22 de outubro ata o 10 de novembro, pola que pasarán máis de 500 alumnos e alumnas de idades entre os 14 e 16 anos dos colexios da provincia lucense. Pero ademais, os espazos estarán abertos ao público en xeral as fins de semana e os días festivos.
O módulo das aulas que chega a Lugo, chamado Voamos cos números, fará descubrir “dun xeito práctico e ameno” os conceptos matemáticos na planificación e implementación dos voos e participar nos simuladores.
Ademais, as salas de Novas Tecnoloxías do Concello de Lugo acollerán a formación dos profesores, clases que comezaron este luns 14 e polas que pasou Lara Méndez a dar a benvida aos participantes.
A alcaldesa tamén agradeceu a presenza en Lugo de Francisco Conde, conselleiro de Economía, colaborador xunto co Concello da iniciativa, así como a elección de Lugo como primeiro destino do espazo educativo por parte dos impulsores desta iniciativa, a Fundación First Escandinavia e Boeing Europa, representados este luns na rolda de prensa polo docente da fundación Markus Bjerkenes, e José Enrique Román, director xeral de Boeing Research & Technology-Europe.
Despois da cidade lucense, as aulas viaxarán a Polonia, Países Baixos, Alemaña, Francia, Italia, Bélxica, Reino Unido e Suecia.
Por último, Lara Méndez desexoulles aos profesores e alumnos que participen ao máximo das actividade e coñecementos que se transmitirán a través das Aulas Newton, co fin de que aproveiten a oportunidade. “Esperamos que estes saberes e prácticas poidan reverter non só positivamente na súa formación e súas vocacións do alumnado, senón tamén na nosa cidade. O seu talento é, sen dúbida, a nosa chave de futuro”, dixo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?