Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto Digicraft no teu cole desenvolverase en 50 centros educativos galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto Digicraft no teu cole desenvolverase en 50 centros educativos galegos

Redacción
Publicado: 16/10/2019
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

20191016_digicraft_01.jpgO alumnado de 50 centros educativos de toda Galicia participará durante dous cursos académicos no proxecto Digicraft, que ten como obxectivo a mellora das competencias dixitais dos máis novos, tal e como se anunciou esta mañá durante o seu acto de apertura no que participaron a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, a directora da AMTEGA, Mar Pereira, e o presidente e CEO de Vodafone España, Antonio Coimbra.
20191016_digicraft_03.jpgNeste acto con docentes e directores dos colexios participantes esta iniciativa, desenvolvida en colaboración coa Fundación Vodafone España, a conselleira de Educación salientou que Galicia é unha das poucas comunidades autónomas que está facendo unha aposta «seria e global» polo uso «seguro e crítico» da tecnoloxía nas aulas desde a etapa de infantil, e sempre «coidando incorporar contido humanístico á revolución tecnolóxica que vivimos». Nesta liña enmárcase o proxecto Digicraft no teu cole xa que, en palabras da conselleira, «fai unha aproximación diferente que trata de achegar os estudantes ao mundo dixital converténdoos en creadores, non como consumidores». Así, ademais do reforzo de competencias dixitais nas aulas, esta iniciativa vai permitir tamén «outras como a comunicación, aprender a aprender, desenvolver a iniciativa ou o espírito emprendedor, fomentar o traballo en equipo, a resolución de problemas, a toma de decisións, a capacidade lingüística oral e escrita, o razoamento crítico e a aprendizaxe autónoma», sinalou Carmen Pomar.
20191016_digicraft_02.jpgPola súa parte a directora da AMTEGA dixo que esta iniciativa vén complementar a estratexia de Galicia para avanzar na transformación dixital das aulas e na capacitación dixital dos galegos. Neste sentido, lembrou que a día de hoxe a iniciativa Abalar permite que máis de 120.000 rapaces estudan en aulas dixitais e que neste curso 27.000 alumnos están a desenvolver a súa actividade académica nunha contorna exclusivamente dixital. Mar Pereira destacou tamén a importancia de espertar as vocacións tecnolóxicas entre os máis novos con propostas como o Digicraft, enmarcada no Plan de Promoción do Talento Dixital, DigTalent, ao que está adherido Vodafone e agradeceu que a Fundación Vodafone escollese Galicia como a primeira comunidade na que desenvolver esta iniciativa.

Contidos
  • Obxectivos
  • Formación e equipamento

Obxectivos

O proxecto Digicraft no teu cole ten como obxectivo potenciar o desenvolvemento da competencia dixital na infancia e na xuventude, a través dun programa de formación e reforzo das habilidades dixitais e das competencias asociadas do que se beneficiarán máis de 3.800 nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Ao seu abeiro traballaranse nas cinco áreas competenciais que definen a competencia dixital, en concreto a información e alfabetización informacional, a comunicación e colaboración, a creación de contidos dixitais, a seguridade e a resolución de problemas. Dentro delas abordaranse asuntos como a procura e filtrado de datos, a participación cidadá en liña, a xestión da identidade dixital, os dereitos de autor e licenzas, a programación, a protección de datos persoais e a privacidade ou a identificación de necesidades e respostas tecnolóxicas, entre outros aspectos.
Abordar estas áreas supón, pola súa transversalidade, traballar, ademais da dixital, as competencias en comunicación lingüística, de aprender a aprender o sentido da Iniciativa e espírito emprendedor. Neste sentido, as actividades traballan o traballo en equipo, a resolución de problemas, a toma de decisións, a capacidade de comunicación oral e escrita, o razoamento crítico e a aprendizaxe autónoma, entre outras.
En cada curso académico trabállanse dous itinerarios de 14 horas de duración (un total de 1 h/semana durante 28 semanas lectivas). Estes itinerarios están compostos por unha serie de actividades que van aumentando gradualmente en nivel de dificultade. As actividades combinan o mundo dixital e a tecnoloxía co xogo, o aprender facendo e o desenvolvemento de habilidades motoras.
Cada actividade conta cunha guía didáctica na que se explica que competencias (dixitais e xerais) se traballan, os obxectivos que se queren lograr, o material necesario e os pasos para seguir para realizala. Dado que traballa parte das competencias definidas no currículo de primaria, Digicraft no teu cole pódese impartir tanto en horario lectivo como fóra del.

Formación e equipamento

Uns 100 docentes dos 50 centros seleccionados recibirán formación específica para impartir o programa nas aulas. Ademais, dotarase os colexios de 600 tabletas e 100 kits tecnolóxicos instant dixital skills. Estes kits contan con placas de programación básica axeitadas para nenos, materiais para visualizar elementos en realidade aumentada de forma sinxela e manexable; pirámides holográficas que permiten a visualización de hologramas e algúns outros materiais tales como barallas de cartas e taboleiros.
Así mesmo facilitaráselles aos centros acceso aos materiais descargables para o desenvolvemento das actividades recollidas no programa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?