Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A colaboración entre o CPEIG e R para converternos en referentes da cibersecurity terá continuidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A colaboración entre o CPEIG e R para converternos en referentes da cibersecurity terá continuidade

Redacción
Publicado: 17/10/2019
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

mesa_de_debate_sobre_a_ciberseguridade_na_transformacion_dixital.jpgHoxe clausurouse oficialmente en Santiago, na Cidade da Cultura, o encontro Cybersec@Gal, o primeiro foro galego sobre seguridade na empresa dixital, impulsado pola Cátedra R en Ciberseguridade e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, o CPEIG. Na derradeira xornada do evento, que comezou o luns ofrecendo actividades na UVigo e na UDC, participaron o director de Empresas de R e do Grupo Euskaltel, Isidro Fernández de la Calle, Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e Mar Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). As primeiras xornadas de Cybersec@Gal2019 foron adicadas ao alumnado dos nosos campus, e a de hoxe reservouse para a cuestión empresarial: a protección TIC nas empresas.
Isidro Fernández de la Calle salientou que “o traballo de Cybersec@GAL vén tan só de comezar a súa andaina”, e que a transformación da nosa terra nun referente en ciberseguridade (en desenvolvemento de ferramentas, en transformación, en cultura de protección dixital, etc) é unha clara aposta de futuro para as entidades que impulsaron o congreso e participaron nel. A ciberseguridade, dixo, é “unha preocupación cada vez máis candente e na que todos debemos unir esforzos”, e adiantou tamén que os temas do talento, o financiamento, o liderado e a estratexia aplicados á salvagarda dos datos e das comunicacións serán as claves das vindeiras edicións deste foro.
Mar Pereira destacou que “a ciberseguridade é un elemento clave no proceso de transformación dixital que estamos a vivir” e “un dos vectores sobre os que elaboramos a estratexia dixital de Galicia para a próxima década”. Tamén lembrou que “o esforzo da Administración autonómica céntrase en protexer os servizos públicos dixitais fronte a este tipo de ameazas e crear un clima de confianza para universalizar o seu uso por parte de cidadáns e empresas”.
A xornada de hoxe estivo centrada, como dixemos, nas empresas. Ao fío deste obxectivo participaron profesionais como Mar López Gil, responsable da Unidade de Ciberseguridade e Desinformación do Departamento de Seguridade Nacional da Presidencia do Goberno, quen falou sobre a Estratexia Nacional de Seguridade. Mar López salientou que “no ciberespazo nada é casual” e explicou que o uso ilícito do ciberespazo ten tres vertentes principais: os ciberataques, a ciberespionaxe e a cibercriminalidade. Tamén resaltou que “España aposta por un ciberespazo aberto, plural, seguro e de confianza, tanto nas súas relacións bilaterais coma nas organizacións multilaterais, rexionais e internacionais”.

Fernando Suárez, presidente do CPEIG, na súa intervención
Fernando Suárez, presidente do CPEIG, na súa intervención
Sobre ciberseguridade na transformación dixital versaron, nunha mesa de debate, os relatorios de voceiros de empresas e entidades como Balidea, Gradiant, Inditex Abanca, Forensic & Security e Grupo Euskaltel. A responsable de Protección de Datos de R e do Grupo Euskaltel, Susana Rey, subliñou nesta mesa que “dixitalizar unha empresa sen atender a ciberseguridade é construír unha casa sen alicerces á que calquera mínimo tremor vai tirar ao chan”. Ao seu xuízo, “a cuestión primordial radica en se estamos preparados para minimizar o seu impacto no negocio e recuperarnos dos seus resultados ou se teremos que pechar a empresa ao primeiro criptovirus que nos chegue por correo”.
Pola súa banda, Eduardo Mastranza, socio executivo de Gartner, falou sobre a visión actual do mercado ante o tema da ciberseguridade e fixo fincapé en que “as empresas de tamaño medio e pequeno encaran os mesmos riscos que as grandes, porque son igualmente obxectivo de ataques; pero non dispoñen dos mesmos recursos, como tampouco dispoñen do poder de atracción de talentos e de competencias, por iso cómpre que loiten nun mercado que se fai cada día más competitivo e global”. Na súa opinión, “garantir a seguridade nas PEME é difícil, pero non imposible; cómpre sermos pragmáticos e intentar novas aproximacións”.
Pola súa banda, Marina Martínez-García, punto nacional de contacto para o programa de Seguridade en Horizonte-2020 (Programa Marco de Investigación e innovación da Unión Europea, dependente do Ministerio de Ciencia) falou das novas oportunidades de apoio á innovación en ciberseguridade da Unión Europea, proxectos colaborativos nos que empresas, entidades de investigación públicas e privadas e usuarios finais terán ocasión de financiar e analizar desenvolvementos precomerciais: “Búscanse solucións eficientes de ciberseguridade aplicadas á protección de infraestruturas críticas, ferramentas que garantan protección a usuarios particulares, a microempresas e a PEME”.
Catro xornadas de debate e formación
Cybersec@Gal achegou estes días catro xornadas de obradoiros, ciber-desafíos e charlas, nas que se falou de solucións, normativas, desafíos e ameazas para a seguridade na contorna dixital. O foro foi dirixido, por unha banda, a estudantes e recentemente licenciados e, pola outra, ao ecosistema empresarial (este xoves), da man de expertos estatais e internacionais que exporán diversos aspectos no terreo da seguridade TIC.
Na xornada de clausura deste xoves, pola tarde, entregaranse un total de seis premios valorados en 2.600 euros en total: un premio á Tese de Doutoramento en Ciberseguridade (700 euros), dous premios á Tese fin de Mestrado en Ciberseguridade na UDC e a UVigo(400 euros cada un), dous premios á Tese de Fin de Grao en Ciberseguridade na UDC e a UVigo (300 euros cada un) e un premio reto Gradiant – Hijos de Rivera (500 euros).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?