Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMETIC premia os esforzos do Goberno galego por levar o Camiño á era dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMETIC premia os esforzos do Goberno galego por levar o Camiño á era dixital

Redacción
Publicado: 17/10/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

camino_santiago-3.jpgA asociación AMETIC, patronal do sector da industria tecnolóxico-dixital en España, vén de premiar á Xunta no Congreso Digital Tourist por incorporar a innovación e a tecnoloxía no Camiño de Santiago. O galardón, que tamén salienta a xestión levada a cabo en relación ás rutas xacobeas, foi recollido na noite deste xoves 17 de outubro pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Os Premios Digital Tourist, ao abeiro dos cales o Goberno obtivo esta distinción, enxalza o labor de empresas, entidades locais e institucións que salienten na mellora, pola vía das tecnoloxías, da nosa experiencia viaxeira.
Segundo fixo saber a directora de Turismo, galardóns coma este son “un gran aliciente para continuar traballando para adaptar a peregrinación ao século XXI ao tempo que se avanza para que manteña a súa esencia histórica e espiritual”. Durante o acto lembrou “a aposta da Xunta por incorporar a innovación á ruta xacobea”, un obxectivo do que abrollaron ferramentas concretas como unha aplicación móbil con información en tempo real sobre a ruta, un portal especializado no Camiño de Santiago ou servizos para peregrinos durante o percorrido como Wi-Fi de balde nos albergues da rede pública do Xacobeo.
Castro tamén fixo fincapé nos esforzos despregados en accesibilidade, “poñendo a disposición dos peregrinos habitacións especialmente adaptadas para persoas con necesidades especiais”, e puxo o foco en vindeiras medidas como a instalación de pictogramas para persoas con discapacidade cognitiva ou habilitar drons para trasladar material médico ante posibles urxencias cardíacas entre os peregrinos.
Os Premios Digital Tourist son convocados por primeira vez pola asociación AMETIC e enmárcanse no II Congreso Digital Tourist que se está celebrando en Benidorm. Nel concorren un nutrido grupo de representantes do ámbito empresarial e institucional que afondan sobre diferentes temáticas asociadas ao turismo intelixente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?