Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Pazo de Arenaza acolle este martes unha nova xornada do Digital Transformation Day
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Pazo de Arenaza acolle este martes unha nova xornada do Digital Transformation Day

Redacción
Publicado: 21/10/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tech_days.jpgO centro de coworking do Pazo de Arenaza vai acolle reste martes 22, a partir das 9:30h, unha nova edición do Digital Transformation Day, un evento organizado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), ao abeiro dos Tech Days de Arenaza e co obxectivo de enumerar as vantaxes de facer avanzar as nosas empresas (e as nosas formacións) en materia dixital, co fin de facelas máis rendibles, competitivas, sustentables, eficaces, eficientes e automatizadas.
Durante esta xornada tres relatores afondarán na transformación dixital, as tecnoloxías implicadas e o funcionamento da Industria 4.0, analizando como mellorar a eficiencia dos procesos e os beneficios que supón para as empresas. Entre outros temas tratarase o papel do ser humano na transformación dixital e a cadea de valor 4.0, a evolución en contraposición á disrupción e os xemelgos dixitais. O evento, que é de balde, está aberto a todas aquelas persoas interesadas, podendo conseguir a súa entrada na páxina da web Pazo de Arenaza.
O programa da xornada é o seguinte:
• 09:30 – O humano na transformación dixital, por Pablo Pérez Vázquez. director de Xestión no ICOIIG. Enxeñeiro Industrial na rama de Organización, conta con experiencia na xestión comercial, a xestión avanzada de proxectos e a dirección estratéxica, especializándose na negociación e a xestión.
• 10:30 – Cadea de valor 4.0, por Marcelo Toural. Director executivo (CEO) en Krack Zapaterías. Enxeñeiro Industrial con máis de dezasete anos de experiencia, está especializado en Supply Chain e en Business Process Improvement. Ademais, foi profesor na Universitat Oberta de Catalunya e colaborou con diversas compañías.
• 11:30 – Café
• 12:00 – Evolución vs. Disrupción, por Daniel Prieto Renda. Director executivo en Soltec. Doutor en Enxeñería Industrial pola Universidade de Vigo e director xeral de Soltec Ingenieros, conta cunha gran experiencia no mundo da enxeñería. Actualmente exerce de presidente na Asociación Galega de Empresas de Enxeñería, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos (AGEINCO).
• 13:00 – Xemelgos Dixitais, por Daniel Prieto Renda.
• 14:00 – Petiscos, viño e networking

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?