Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AGA promove nas redes sociais o patrimonio apícola galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AGA promove nas redes sociais o patrimonio apícola galego

Redacción
Publicado: 23/10/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

apiturismo.jpgA Asociación Galega de Apicultura AGA presentou onte en Santiago unha iniciativa de seu para mostrar ante o mundo, botando man das redes sociais, o rico patrimonio apícola galego. Trátase do proxecto Apiturismo Xacobeo 2021, integrado no programa O Teu Xacobeo da Xunta (Turismo de Galicia). O obxectivo básico é que non haxa muros nin cancelas para que calquera persoa do mundo poida gozar “das nosas fermosas paisaxes e da nosa apicultura singular, da que se obteñen produtos extraordinarios”. Os contidos nas redes xogarán, neste senso, o papel de facilitadoras e optimizadoras da experiencia turística.
apiturismo_2.jpgO proxecto, que foi presentado por Xosé Torres e Paula Souto, membros da directiva de AGA, busca pór en valor as alvarizas, construcións apícolas tradicionais de Galicia realizadas en pedra seca, un tipo de construción común de varias contornas de Europa e declarado en datas recentes Patrimonio Inmaterial da Humanidade pola UNESCO.
Coa finalidade de atraer visitantes á oferta de apiturismo en Galicia, dirixida tanto a apicultores como peregrinos e turistas (especialmente de cara a celebración do Xacobeo 202)1, o proxecto inclúe unha serie de materiais e actividades de promoción que foron presentados durante o acto. Por exemplo unha publicación dixital para ser distribuída a nivel internacional con fotografías das apiculturas máis representativas do noso país, un vídeo con imaxes aéreas de explotacións apícolas e paisaxes de Galicia (que se está a divulgar a través das redes sociais) e unha exposición fotográfica, que se expoñerá en diferentes lugares de Galicia nos próximos meses, comezando a partir de hoxe na Galería Sargadelos, ata o día 31 de outubro.


Vídeo co que promoven o apiturismo

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?