Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arredor dun cento de persoas participaron este mércores en Iuristicgal19
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arredor dun cento de persoas participaron este mércores en Iuristicgal19

Redacción
Publicado: 23/10/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

iuristicgal19.jpgHoxe celebrouse na cidade da Cultura unha nova edición de Iuristicgal19, a xornada sobre tecnoloxías e xustiza que organizan o Colexio de Enxeñaría Técnica Informática, CPETIG, e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, AMTEGA. No evento participaron preto dun cento de participantes, maioritariamente profesionais da xustiza, secretarios xudiciais, avogados e peritos informáticos. O respecto pola privacidade e protección de todos e cada un dos internautas centraron parte das actividades.
No acto de inauguración, tanto a directora da AMTEGA, Mar Pereira, como o presidente do CPETIG, Marcos Mata, coincidiron en apelar aos principios éticos, aos dereitos individuais e á seguridade para a aplicación da Intelixencia Artificial á xustiza. Mar Pereira expresou a súa aposta por un escenario no que “deben convivir a Intelixencia Artificial e a intelixencia humana, nun marco xurídico e ético”. Marcos Mata, pola súa banda, subliñou a relevancia dos sistemas intelixentes para mellorar a xustiza, axilizando os procedementos xudiciais e acortando prazos, se ben o seu uso “debe estar matizado pola intelixencia humana, para corrixir o defecto das máquinas que tenden a repetir os esquemas co risco de reforzar certos estereotipos”. E apelou á necesaria regulamentación para salvagardar os dereitos individuais.
Na súa intervención, Moisés Barrio, letrado do Consello de Estado e autor do libro Dereito dos robots, sinalou entre os principais problemas xurídicos derivados da Intelixencia Artificial “a opacidade dos algoritmos e os sesgos que poden derivar de prexuízos e provocar discriminación”, así como factores relacionados coa seguridade e a privacidade. Na súa opinión, sendo necesarias as recomendacións éticas “non son suficientes, porque poden chegar a ser papel mollado se non hai mecanismos xurídicos para o cumprimento dos compromisos éticos”.
Eloy Velasco, maxistrado da Sala de Apelación da Audiencia Nacional, alertou durante o seu relatorio de que “o 35% das probas que chegan aos xulgados proceden de cidadáns particulares; ex-parellas despechadas, vingadores xusticeiros”. Probas que moitas veces, engadiu, “son conseguidas subrepticiamente, son polo tanto probas tramposas”. Segundo explicou na súa intervención, “as probas deben ser obtidas con ética, non se poden admitir probas conseguidas vulnerando os dereitos fundamentais”, poñendo como exemplo probas de ADN ou imaxes gravadas e publicadas sen consentimento.
O programa da xornada completouse cunha mesa redonda sobre As vantaxes e os perigos das novas ferramentas tecnolóxicas para a defensa dos nosos dereitos, moderada por Víctor Salgado, director técnico de Iuristicgal19.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?