Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Iuristicgal19 mostra os logros e os retos dunha xustiza en proceso de transformación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Iuristicgal19 mostra os logros e os retos dunha xustiza en proceso de transformación

Redacción
Publicado: 23/10/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20191023_mar_pereira_02.jpgA Cidade da Cultura acolle hoxe a novena Xornada de Informática Xudicial, Iuristicgal19, que celebra o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) en colaboración coa axencia AMTEGA. Desta volta, desenvólvese baixo o lema Intelixencia Artificial e Xustiza. Están a intervir, entre outros, Eloy Velasco, maxistrado da Sala de Apelación da Audiencia Nacional, e Moisés Barrio, letrado do Consello de Estado e autor do libro Dereito dos robots. A inauguración veu da man (ás 10.00 horas) da directora da AMTEGA, Mar Pereira, e o presidente do CPETIG, Marcos Mata.
Na apertura das actividades, a directora da axencia autonómica sinalou que a futura Estratexia Dixital de Galicia 2030 galega, «actualmente en fase de elaboración», fará foco «nas oportunidades de aplicar novas tendencias tecnolóxicas en todos os ámbitos da economía». Para Pereira, outro dos obxectivos para a vindeira década será «o de buscar solucións para diminuír a fenda entre a demanda e a dispoñibilidade de traballadores con competencias dixitais avanzadas»; ao que cómpre engadir o impulso ao emprendemento tecnolóxico.
20191023_mar_pereira_01.jpgRespecto da dixitalización da Xustiza galega, a titular de AMTEGA debullou os esforzos levados a cabo na última década para sentar os alicerces dunha transformación tecnolóxica que capacitase á Comunidade «para afrontar os retos do novo decenio que estamos a piques de iniciar». No ámbito xudicial, explicou, «Galicia leva desenvolvendo, desde 2009, un proceso de transformación dixital que se atopa nun camiño de consolidación con todas as pezas do expediente xudicial electrónico en marcha e que está a facilitar aos profesionais do ámbito xudicial as ferramentas necesarias para unha xustiza do século XXI como sistemas e dispositivos para que xuíces e fiscais poidan desenvolver o seu traballo en mobilidade; salas de vistas integramente dixitais; declaracións a través de videoconferencia que evitan desprazamentos e as primeiras demandas online».

Máis sobre Iuristicgal19

iuristicgal_2019_02.jpgNa sesión de hoxe, condensada en horario de mañá, estanse a dar cita máis dun cento de participantes, maioritariamente profesionais da xustiza, maxistrados, secretarios xudiciais, fiscais, avogados e peritos informáticos, co obxectivo de coñecer o alcance e as posibilidades da intelixencia artificial aplicada ao ámbito da xustiza.
Neste contexto, Moisés Barrio presentará o relatorio A intelixencia artificial ante o Dereito e Eloy Velasco intervirá sobre Evolución da proba electrónica no ámbito xudicial: o presente e as perspectivas de futuro. Segundo informa o CPETIG, o programa da xornada completarase cunha mesa redonda sobre As vantaxes e os perigos das novas ferramentas tecnolóxicas para a defensa dos nosos dereitos, moderada por Víctor Salgado, director técnico de Iuristicgal19.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?