Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comercio 360 creará a gran rede sustentable dos nosos establecementos de proximidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comercio 360 creará a gran rede sustentable dos nosos establecementos de proximidade

Redacción
Publicado: 24/10/2019
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

comercio_360.jpgA Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, activou este ano Comercio 360, cuxos detalles foron presentados no mes de xuño, salientando o seu obxectivo de apostar polo noso a través das máis innovadoras ferramentas de comunicación. Segundo fai saber Economía, trátase dunha iniciativa para acompañar os cambios que experimentan todos os axentes implicados no comercio (establecementos e compradores) e mesmo para adiantarse a eles. “O noso obxectivo é dar resposta aos cambios que a dixitalización e os novos hábitos de consumo están a introducir no sector e que se adapta e anticipa ás novas demandas e necesidades dos cidadáns”. O programa, que xa ten dúas ducias de protagonistas (comercios galegos 360), é unha aposta firme pola competitividade dos establecementos e polo empoderamento do consumidor. O reto, a medio e logo prazo, é lograr que se beneficien da proposta 10.000 establecementos.
A iniciativa, á que se destinan 5,7M€ este ano, abrangue propostas que avanzan na dixitalización para mellorar a atención e experiencia do cliente, á vez que pon en valor a aposta polo produto local, a sustentabilidade e a economía circular, a responsabilidade social ou o deseño, “facendo que estes sexan os seus elementos de diferenciación e especialización”.
Cunha visión a tres anos (2019-2021), nesta primeira fase estanse a poñer en funcionamento medidas de sensibilización, axudas para a eco-innovación e laboratorios comerciais.
comercio_360_2.jpgA Consellería de Economía, Emprego e Industria xa ten comezado o labor de sensibilización e divulgación do Comercio 360 coa realización de xornadas e a análise de casos de éxito. Por outra banda, anunciou o impulso dunha liña de axudas á eco-innovación para impulsar a economía circular e a sustentabilidade no comercio a través da adhesión á plataforma de tícket dixital (que permite aos clientes e comercios coñecer o estado e garantía das súas compras ou vendas evitando a perda ou deterioro do tícket tradicional e minimizando o uso do papel); da promoción dos ecoenvases realizados con materiais cen por cen biodegradables; ou implantando proxectos de economía circular que fomenten a reciclaxe e os produtos ecolóxicos.
Amais das devanditas novidades, ao abeiro do proxecto está previsto crear sete laboratorios comerciais nas principais cidades galegas para asesorar e impulsar o Comercio 360, achegando aos interesados servizos personalizados de asesoramento, comunicación e publicidade, mercadotecnia intelixente (marketing intelligence) ou mellora da xestión, entre outros ámbitos de actividade.
A iniciativa está dirixida a PEME de menos de 10 traballadores e insírese na estratexia de impulso á competitividade do comercio de proximidade, sendo o seu obxectivo ofrecer aos establecementos unha folla de ruta para conseguir un comercio diverso, moderno e adaptado ás novas realidades (reforzando a súa imaxe física e tamén a dixital) e servizos, o que permitirá, en palabras da Consellería de Economía, “dinamizar tamén os centros urbanos das cidades e vilas galegas para facelos máis atractivos aos cidadáns, turistas e visitantes”.
A Xunta márcase tres obxectivos prioritarios coa posta en marcha desta iniciativa: lograr que 10.000 comercios galegos se sumen a esta estratexia 360; que máis de 1.000 establecementos se beneficien dos servizos de asesoramento; e que 5.000 comercios incorporen no seu modelo de xestión a aposta pola sustentabilidade e o tícket dixital.
comercio_360_3.jpg O Contexto de Comercio 360
A iniciativa Comercio 360 ven substituír ao anterior concepto SmartCommerce creado ao abeiro do Plan de Impulso ao Comercio Interior de Galicia 2015-2020. O dito concepto facía referencia a aspectos máis dixitais, mentres que o Comercio 360 presenta unha estratexia máis global, que inclúe valores como a sustentabilidade, a aposta polo produto local, a creación de marca vencellada ao territorio e un novo concepto máis amplo de comerciante que inclúe tamén aspectos como o deseño ou a fabricación de produto propio.
O Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio 2015-2020 prevé actuacións encamiñadas á modernización do sector comercial galego. Por iso, o pasado ano xa se puxo en marcha unha liña específica dotada de 4,1M€ cos seguintes resultados: 487 axudas concedidas que suman preto de 2,37 millóns de euros, o que permite a mobilización final de investimentos que superan os 4,7 millóns.
A web
Sen dúbida un dos elementos centrais do proxecto é o portal https://comercio360.gal/, que salienta por ofrecer información directa e clara sobre os establecementos adheridos e sobre os principais obxectivos da proposta xeral, así como dos xeitos que teñen os consumidores de beneficiarse dela: de tirarlle partido coa seguridade de que todo o que se faga polo comercio local e de calidade beneficiará máis adiante (integralmente) a todas as partes implicadas.
A web destaca tamén polos esforzos aplicados en despexar o camiño comunicativo (o proceso de achegamento dos clientes ás propostas dos establecementos adheridos) de todo o que non sexa necesario para esa comunicación. Artéllase nunha serie de seccións principais: Inicio, Que é o Comercio 360, Premios, Protagonistas, Novas e Contacto. Tamén se ofrece aos usuarios unha sección de busca que facilita ao máximo a procura de información sobre os establecementos. Porén, a web tamén permite que os datos sobre os comercios saian ao paso dos internautas sen necesidade de procuralos.
A listaxe provisional de empresas, todas elas presentadas no portal con múltiples detalles de interese sobre a súa actividade, está constituída por Tobarix, Le Petit Coin, Del Mar Al Plato, The Cosmethics, Moito Conto, Clothes&Co, Filament2Print, Vaidhe, Maow, Rockbox, Xiro, Krack, Casa Serra, Böuret, Noroeste Obradoiro, La Canalla Gourmet, Myka Deco, Lily&White, Vazva, Quenlla, Las Merceditas de Iria e Queixería Praza do Campo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?