Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN salienta os avances de GAMELSA en materia de procesos intelixentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN salienta os avances de GAMELSA en materia de procesos intelixentes

Redacción
Publicado: 24/10/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

televes_gain_visita.jpgA sede da empresa galega GAMELSA, do Grupo Televés, recibiu hoxe a visita da directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, quen puido coñecer de primeira os proxectos nos que traballa a firma do Polígono do Tambre (Santiago), entre os que se atopa CLAUDIIA (polas súas siglas en inglés Collaborative Layer for Automation and Development of Industrial Innovative Approache), iniciativa impulsada en colaboración co Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG).
O proxecto de GAMELSA, dotado cun orzamento de máis de 3,87 millóns de euros ata 2022, conta co apoio do programa de Fábrica Intelixente da Axencia Galega de Innovación da Consellería de Economía, Emprego e Industria co-financiado co Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
O proceso de dixitalización de Gamelsa pasa, entre outras accións, pola implantación co apoio do CTAG dun Xemelgo Dixital, un sistema virtual que representa a fábrica e favorece a optimización dos procesos aforrando tempo e consumos, anticipándose aos erros e simulando novos escenarios, mostrando gran potencial á hora de fabricar unha peza nova. Segundo apuntou a directora de GAIN, “este proceso de transformación da industria galega coñecido como Fábrica Intelixente ou Fábrica do Futuro ten unha grande potencialidade para o crecemento da economía e constitúe un dos factores clave para a competitividade do tecido empresarial galego”. Argerey engadiu que o programa Fábrica Intelixente é “o máis ambicioso” co que conta o seu departamento para apoiar a I+D+i no ámbito da fábrica avanzada, e nel inclúense proxectos industriais innovadores liderados por PSA, Televés, FINSA, CUPA, COPO, Navantia, Borgwarner, Benteler, Albo e GAMELSA.
Na visita de hoxe, a directora de GAIN salientou a aposta pola innovación e a Industria 4.0 de Televés, que conta con dous proxectos apoiados no programa Fábrica Intelixente. O outro proxecto, que arrincou en 2016, é Corp4Future (Creación, deseño e desenvolvemento de novas ferramentas e solucións para a industria do futuro), que busca aplicar un novo modelo produtivo a través do uso de tecnoloxías facilitadoras da Industria 4.0 para “flexibilizar e optimizar a cadea produtiva e o desenvolvemento de novas funcionalidades e solucións”.
Unha firma do Grupo Televés
GAMELSA é unha empresa do grupo Televés especializada en procesos de mecanizado de chapa e tubo en todo tipo de materiais metálicos. Dado que os seus produtos son variados e de tiradas curtas, a aplicación dos conceptos da fabricación avanzada supón un aproveitamento dos recursos e a realización de produtos con maior grao de personalización. A empresa traballa fabricando para as empresas da súa corporación, pero sobre todo para terceiros, que representan o 70% da súa facturación. Con este proxecto persegue acadar unha posición de referencia no sector do metal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?