Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Economía impulsará o polo tecnolóxico-dixital da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Economía impulsará o polo tecnolóxico-dixital da Coruña

Redacción
Publicado: 25/10/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

economia_industria_conde_presentacion_contas.jpgO conselleiro de Economía, Francisco Conde, presentou onte no Parlamento as contas para o vindeiro ano: un plan de acción que suma preto de 600 millóns de euros (un 5% máis ca no 2019) para impulsar, dixo, o emprego de calidade, a competitividade das empresas, a innovación e a internacionalización. O obxectivo, engadiu, “é seguir construíndo unha Galicia máis preparada, máis innovadora e máis verde”. Respecto das Tecnoloxías da Información, contémplase un pulo relevante á Cidade das TIC da Coruña e ao tecido produtivo aeroespacial con centro de operacións nas Rozas (Lugo).
Dos 600 millóns de euros, 210 millóns serán adicados á Galicia innovadora. Ao abeiro disto, prolongaranse os impulsos a polos estratéxicos como o do motor (apoiando o desenvolvemento de novas tecnoloxías relacionadas co vehículo eléctrico e apostando pola mobilidade eficiente), o polo naval (para avanzar no modelo de Estaleiro 4.0); ou o Polo Aeroespacial de Galicia (que contará con 15,5M€ para seguir avanzando no seu desenvolvemento).
Ao tempo, o conselleiro anunciou a continuidade dos Hubs de Innovación Dixital e o lanzamento dunha nova convocatoria de axudas dirixida ás empresas participantes para proxectos de I+D+i (7,5M€). Tamén se procederá ao lanzamento e consolidación de polos noutros eidos.
Por exemplo o polo das TIC da Coruña, que “poderá acceder a fondos recollidos nestes orzamentos para comezar a desenvolverse e contribuír á modernización da base industrial do sector e á mellora das súas capacidades competitivas”, salientou Conde.
economia_contas_2020.jpgOu o polo da biotecnoloxía de Santiago de Compostela, que contará cunha nova aceleradora para o achado de novos fármacos (a Business Factory Pharma); e avanzarase no polo termal e da enerxía a través do Ecobarrio de Ourense e da Lei de aproveitamento lúdico das augas termais.
Ao abeiro das contas do ano vindeiro, tamén se brindará un “importante respaldo” ás pequenas e medianas empresas, a través do apoio integral que lles proporcionará a nova Estratexia PEME, con 2,5M€ para desenvolver accións de formación, bonos de innovación ou accións de sensibilización e divulgación, así como follas de ruta individuais.
Ademais, mantense o compromiso co desenvolvemento da Industria 4.0 para contar cun tecido de maior tamaño e que aposte máis pola internacionalización e a diversificación: “Con máis de 45M€ para apoiar novos investimentos e ampliar os existentes e 34M€ para ferramentas que permitan reforzar as capacidades competitivas das empresas galegas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?