Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN salienta o crecemento dos centros tecnolóxicos galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

GAIN salienta o crecemento dos centros tecnolóxicos galegos

Redacción
Publicado: 25/10/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20191025_gain.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, participou esta mañá en Vigo na presentación dos resultados do exercicio 2018 da Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA), a agrupación que reúne aos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia (AIMEN, Anfaco-Cecopesca, CTAG, Gradiant, EnergyLab e ITG), xunto ao seu presidente Juan Manuel Vieites e o xerente de ATIGA, Javier Doval.
A directora de GAIN felicitou á entidade polos bos resultados acadados no 2018, así como polo crecemento sostido dende 2014 tanto en canto a ingresos como a proxectos de I+D+i e persoal empregado. Respecto de 2017, o volume de ingresos dos centros tecnolóxicos que integran a Alianza medrou un 10,5% superando os 71 millóns de euros, o equipo humano creceu un 10,1% e a actividade de I+D+i, un 4,3%.
Argerey destacou especialmente os retornos obtidos do programa marco europeo de I+D+i, Horizon2020 (H2020), no que os centros tecnolóxicos galegos medraron un 70% dende 2016 e posicionáronse en segundo lugar dentro da clasificación de centros tecnolóxicos estatais.

Colaboración Xunta de Galicia-ATIGA

Patricia Argerey lembrou o papel clave que desenvolven os centros tecnolóxicos e de apoio á innovación na dinamización do ecosistema galego de I+D+i, en especial no impulso ao crecemento e a competitividade das PEME, motivo polo que a Xunta contempla unha serie de instrumentos para a transferencia dos resultados da investigación ao tecido industrial e ao mercado.
Entre estes instrumentos Argerey subliñou os contratos-programa para a consolidación dos centros tecnolóxicos, que teñen como finalidade financiar os gastos estruturais e de funcionamento; a liña de fortalecemento de centros tecnolóxicos que inclúe axudas para a adquisición de infraestruturas de investigación de alta calidade e de carácter aberto e compartido para mellorar a súa excelencia científica e as tarefas de transferencia; as Unidades Mixtas de Investigación, agrupacións entre un organismo de investigación e unha empresa para desenvolver un proxecto de I+D+i estratéxico para Galicia; o programa de Fábrica Intelixente que apoia grandes proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico para o tecido industrial galego en liña coas tendencias internacionais da fábrica do futuro; o apoio a proxectos de I+D+i en colaboración entre empresas a través do programa Conecta PEME; e as liñas de apoio á captación e retención de talento en Galicia, como os programas Principia e Talento Sénior, que fomentan a contratación de persoal destinado a tarefas de I+D+i.
Por último, a directora de GAIN apuntou a recente sinatura dun convenio de colaboración con ATIGA que fai especial fincapé na internacionalización da Alianza e que apoia a presenza da entidade en redes tecnolóxicas europeas e a formación conxunta do capital humano dos centros e actividades de promoción e difusión. Este acordo incide na importancia da colaboración e na aposta pola innovación aberta que achegue o coñecemento e as tecnoloxías desenvoltas polos centros tecnolóxicos ao mercado e que isto se traduza en crecemento económico e progreso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?