
En termos máis concretos, a xuntanza reuniu a catorce expertos en tecnoloxía que debateron sobre aprendizaxe automática (Machine Learning), PWA, traballo en remoto e proxectos bio-científicos, entre outros temas de interese. A cita contou con 200 asistentes e tivo lugar na Escola de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo, no Campus de Ourense. Con entrada gratuíta, os asistentes gozaron de máis de oito horas de duración, que contou cun total de seis charlas e cinco obradoiros organizados en tres tracks.
As conferencias abordaron as últimas novidades tecnolóxicas en materia de desenvolvemento: falouse de Intelixencia Artificial, aplicacións web progresivas, programación reactiva, Google Cloud Platform ou frameworks de programación. Asemade, afondouse en temas máis transversais como as metodoloxías para traballar en remoto ou a experiencia da ourensá Iria Ollero cos proxectos que realizou combinando ciencia e tecnoloxía.
Entre as relatoras e relatores salientaron figuras experimentadas do sector tecnolóxico, como Moisés Martínez, especialista en desenvolvemento con Google; Estefanía Otero, analista de datos en FINSA; Rómulo Cintra, arquitecto senior en Silk; Cristina R. Pampín, maker en Vermislab; Pablo Rodríguez, director de HAck a BOS; Cristian Vázquez, responsable de proxectos en Teimas, e moitos máis.
“Realizamos un evento de primeiro nivel, no que as entradas esgotáronse en 24 horas. Tomámonos moi en serio a diversidade, cun panel de relatores de primeira calidade. En xeral, os 200 participantes mostráronse moi satisfeitos, como se reflicte na enquisa de satisfacción. Pola súa banda os patrocinadores transmitíronnos a importancia de poder participar nestes eventos e poder estar máis preto dos seus potenciais empregados. Para nós foi un gran día”, afirmaron os organizadores do DevFest Galicia.
Os Google Developer Groups (GDGs), para quen non o saiba, son entidades sen ánimo de lucro creadas co obxectivo de mellorar a comunidade de entusiastas tecnolóxicos e aumentar o coñecemento e as relacións entre as persoas que se dedican a esta área.
Arredor de 200 persoas participaron no GDG DevFest Galicia 2019
Compartir Este Artigo

