Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As vantaxes de construír buques con tecnoloxías intelixentes centraron unha conferencia da AETG e AMTEGA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As vantaxes de construír buques con tecnoloxías intelixentes centraron unha conferencia da AETG e AMTEGA

Redacción
Publicado: 28/10/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aetg_amtega_xemelgos_dixitais.jpgHoxe celebrouse na Cidade da Cultura unha xornada sobre os novos e máis avanzados xeitos de deseñar e construír un barco, empregando metodoloxías da Industria 4.0 e apostando pola eficiencia e a análise da información a gran escala: a conferencia Xemelgos Dixitais e o reto dos buques intelixentes, inserida no programa de transferencia de coñecemento sobre novas tendencias TIC asinado entre a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) e maila axencia AMTEGA. A cita contou coa presenza dos enxeñeiros e directores de Navantia Donato Martínez Pérez de Rojas, Juan Ignacio Silvera Vez e Carlos Blanco Seijo.
Inauguraron o acto o presidente da AETG, Julio Sánchez Agrelo e a directora da área da Sociedade da Información da AMTEGA, Rosa Méndez Calvo. Asistiron profesionais dos departamentos de innovación e tecnoloxía de empresas galegas do sector da construción naval e tamén do sector TIC.
Na charla achegouse unha visión xeral do plan de transformación que dá lugar ao Xemelgo Dixital no entorno da construción naval, abordándose os retos e oportunidades desta tecnoloxía e a súa implicación no ecosistema naval e marítimo, finalizando cunha exposición dun caso de aplicación nos futuros buques da Armada Española.
Donato Martínez salientou “a complexa situación na que se atopa a industria naval debido aos longos ciclos de oferta e demanda e á necesidade de facer buques con cero emisións a finais do presente”. Para Navantia, o Estaleiro 4.0, faro da transformación dixital, actúa “como catalizador para seren máis eficientes, mellorar os sistemas de innovación e mellorar a colaboración coas partes interesadas”.
Juan Ignacio Silvera resaltou “a importancia do concepto de Xemelgo Dixital” como “máxima panca de transformación”, tanto cara ao cliente en forma de novos produtos e servizos intelixentes, como internamente mellorando a eficiencia. Tamén puxo o foco en que é a experiencia enriquecida ao redor das persoas a que materializa e valida esta contribución de valor.
Pechando as intervencións, Carlos Blanco presentou os obxectivos e bases do Xemelgo Dixital que incorporarán as futuras fragatas da Armada e como este contribuirá á mellora nas operacións e ciclo de vida destes buques.
Esta conferencia nace como unha iniciativa da Oficina de Concellos xestionada pola AETG no marco do convenio asinado coa AMTEGA. A Oficina Concellos ofrece un servizo de asesoramento e soporte especializado sobre normativa e solucións técnicas para o despregue de infraestruturas de telecomunicación ás entidades locais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?