Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CPEIG e AMTEGA celebraron na Cidade da Cultura a xornada final de TechKids
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

CPEIG e AMTEGA celebraron na Cidade da Cultura a xornada final de TechKids

Redacción
Publicado: 28/10/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Raúl Rocha, Fernando Suárez e Manuel Meijide no transcurso da xornada de remate do TechKids
Raúl Rocha, Fernando Suárez e Manuel Meijide no transcurso da xornada de remate do TechKids
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) celebraron este domingo a xornada final do programa TechKids, unha completa axenda divulgativa e itinerante sobre programación, robótica, drons e animación 3D celebrada durante o verán nas aulas CeMIT de Galicia. A cita deste domingo, celebrada no Edificio do Centro de Innovación Cultural (CINCI) da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago, contou coa participación dun centenar de rapaces e rapazas de 10 a 17 anos nunha xincana tecnolóxica con seis obradoiros diferentes sobre escape room de contido matemático, pilotaxe de drons ou xogos de programación interactivos e de realidade virtual.
Esta iniciativa está enmarcada no Programa de Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent, e destinada a estimular o talento precoz no ámbito das Tecnoloxías da Información e Comunicacións (as TIC), así como fomentar o atractivo vocacional de profesións científico-tecnolóxicas entre a poboación máis nova.
xornada_final_techkids.jpg Ademais, celebráronse dúas conferencias sobre o mundo dos videoxogos e a animación co director e fundador do Congreso Internacional Mundos Digitales, Manuel Meijide, e o co-fundador da produtora audiovisual Illusorium Studios (recoñecido estudio de postprodución nacional especializado en 3D), Raúl Rocha. Presentaron en primicia a nova rede social de Facebook, baseada en Realidade Virtual e con escenarios recreados pola compañía española Illusorium Studios. Tamén analizaron as posibilidades profesionais que o sector da creación dixital está demandando, centrándose sobre todo na animación e os videoxogos.
Máis de 400 rapaces participaron en 45 xornadas
O CPEIG e a AMTEGA organizaron nos meses de xullo, agosto e setembro unhas xornadas sobre robótica, pilotaxe de drons e creación de personaxes para videoxogos ou películas de animación, enmarcadas no programa TechKids, destinado a fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía entre a mocidade galega. Organizáronse 45 obradoiros nas aulas CeMIT de diferentes concellos das catro provincias galegas nas que participaron 464 alumnos e alumnas. O seu obxecto foi achegar aos máis novos a industria dos contidos dixitais para ofrecerlles unha visión ampla dos perfís profesionais que demanda o sector, a formación e os estudos polos que deben optar se están interesadas/os nesta saída profesional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?