Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A AMTEGA incrementa o seu orzamento para 2020 nun 4%
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A AMTEGA incrementa o seu orzamento para 2020 nun 4%

Redacción
Publicado: 30/10/2019
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

20191030_mar_pereira_01.jpgA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) incrementa nun 4% o seu orzamento para o 2020, que ascende a 115.913.010 euros, dos que preto do 70% están destinados a investimentos para consolidar unha Galicia máis dixital e reforzar as súas capacidades para facer fronte aos retos marcados por Europa no 2030. Así o explicou a directora da AMTEGA, Mar Pereira, durante a súa comparecencia na Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia para detallar as contas do seu departamento para o vindeiro ano.
En total, a Axencia pública destinará 79,06 millóns de euros, case un 6% máis que en 2019, a investimentos para completar a dixitalización da administración e da Xustiza, reforzar a dispoñibilidade e seguridade dos servizos dixitais; estender a educación dixital; avanzar na innovación tecnolóxica nos servizos sociais e nos novos mecanismos para a conservación e difusión do patrimonio cultural; modernizar sectores chave como o turismo e a mobilidade; mellorar a conectividade, con especial foco no rural e apoiar a xeración de talento dixital e reforzar as capacidades do sector TIC de cara a vindeira década.

Contidos
  • Servizos públicos dixitais
  • Transformación dixital da economía e da sociedade
  • Impulso ao talento dixital e ao hipersector TIC
  • Conectividade

Servizos públicos dixitais

En 2020 a dixitalización dos servizos da Administración e de Xustiza contará cun investimento de máis de 14 millóns. Para dar resposta aos obxectivos marcados na Lei de Administración Dixital de Galicia, abordarase a reformulación da Oficinas de Rexistro en Oficinas de Atención á Cidadanía, na creación da figura do funcionario habilitado e o rexistro de apoderamento ou na aprobación dun marco de competencias dixitais que tomará como referencia o marco europeo.
No ámbito Xudicial, no que xa están en marcha todas as pezas do expediente xudicial electrónico, duplicaranse as salas de vistas dixitais, que pasarán de 40 a 90 en 2020, lanzarase una nova versión do visor de expediente xudicial e completarase a implantación da sinatura dixital en todos os órganos xudiciais e nas fiscalías. Vinculado ao anterior reforzaranse a seguridade das telecomunicacións corporativas e duplicarase capacidade de almacenamento do Centro de Proceso de Datos Integral do Gaiás, cun investimento de 2,7 millóns de euros.
No ámbito educativo a AMTEGA destinará 12 millóns de euros á estender e consolidar a educación dixital, integrando no libro dixital un mínimo de 50 centros e superando os 30.000 alumnos con acceso a esta plataforma, que permite o acceso on e offline a todas as materias curriculares, ademais de recursos dixitais innovadores e que dispón dun Soporte Premium 24×7 para toda a comunidade educativa.
Continuaremos aplicando a innovación aos servizos sociais cunha dotación de 2,9 millóns de euros, parte dos cales a estender a Historia Única Social Electrónica (HSUE), que xa conta con máis de 600.000 historias dixitais, coa posta en marcha da plataforma Asiste, que permitirá que calquera cidadán teña dende a través do seu móbil un contacto áxil e directo cos servizos sociais e será, ademais, unha canle a través da que familiares e coidadores teñan acceso seguro a avisos e alertas en tempo real.

Transformación dixital da economía e da sociedade

20191030_mar_pereira_02.jpgNo 2020 destinarase 1 millóns euros á desenvolver novas medidas do Plan eMobility como a posta en marcha da oficina virtual da mobilidade que permitirá a xestión integral nun único punto e de xeito telemático, da relación entre a administración e o sector do transporte. Tamén se avanzará na incorporación de novos servizos tanto ao Portal (bus.gal) como da aplicación bus.gal, incluíndo a extensión do pago a través da app.
A iniciativa Memoria Dixital de Galicia contará con algo máis de 3 millóns de euros o vindeiro ano para lanzar dunha nova convocatoria de axudas para a dixitalización; poñer en marcha a nova plataforma de xestión do catálogo de patrimonio; estender nas bibliotecas municipais do catálogo colectivo único de rede de bibliotecas de Galicia, (actualmente hai 200), e establecerase o plan de implantación e primeiras fases de execución no caso das bibliotecas escolares.
O Plan Smart Turismo dispón de 2,1 millóns de euros para, entre outras medias, consolidar a xestión electrónica integral da inspección turística; aplicar técnicas de Big Data para coñecer os fluxos turísticos e deseñar estratexias proactivas de turismo sostible; e dotar á rede de oficinas de turismo dependentes da Xunta de Galicia dunha plataforma integral de cartelería dixital.
Para facilitar a capacitación dixital dos galegos a Amtega destinará máis de 1,3 millóns de para ás actividades do Plan de Inclusión Dixital e a Rede CeMIT, que no vindeiro ano impartirá preto de 35.000 horas de formación gratuíta, coa previsión de acadar os 96.000 usuarios, 8.000 máis que este ano.

Impulso ao talento dixital e ao hipersector TIC

Continuar reforzando o ecosistema dixital galego é outro dos obxectivos da AMTEGA para o 2020 que se verá referendado coa aprobación da Estratexia Dixital de Galicia 2030, a nova folla de ruta para o novo período. Un dos instrumentos estratéxicos da EDG2030 será a posta en marcha dunha Rede de Nodos de especialización tecnolóxica que se coordinarán desde o Gaiastech, un espazo de demostración e experimentación en tecnoloxías disruptivas, que facilitará o posicionamento do hipersector TIC galego nas tendencias tecnolóxicas da vindeira década. O Centro estará, situado na Cidade da Cultura, conta cunha dotación de 1 millón de euros para o 2020 e abrirá as súas portas no segundo semestre do ano.
En colaboración con empresas do sector tecnolóxico desenvolverase segunda edición do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2018 – 2020 para reducir a fenda crecente entre a demanda e a dispoñibilidade de talento dixital con 37 liñas de actuación das que se beneficiarán ata 6.000 persoas
No marco do programa de impulso aos contidos dixitais DICO Mindset, tras completar o proceso de compra pública innovadora, no 2020 iniciarase o desenvolvemento e pilotaxe, en colaboración coa CRTVG, da plataforma de experiencias tecnolóxicas interactivas, na que se investirá máis de 1 millón de euros.

Conectividade

En 2020, cun orzamento de 3,9 millóns de euros de Fondos FEADER culminaranse os despregamentos de fibra previstos no II Plan de Banda Larga da Xunta 2020 en 615 núcleos de menos de 300 habitantes do rural galego, unha actuación complementaria ás que ten en marcha o Estado e que aseguran unha cobertura de fibra con velocidades de máis de 100Mbps para máis do 80% dos galegos. Unha porcentaxe que se ampliará coas convocatorias pendentes do Estado
Así mesmo, está previsto o lanzamento en 2020 dunha nova actuación en colaboración cos concellos para incentivar novos despregamentos de redes de tecnoloxía móbil, de voz e datos, co obxecto de mellorar a cobertura en zonas de sombra.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?