Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo pon en marcha unha app para optimizar a experiencia dos turistas nos 67 concellos da provincia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo pon en marcha unha app para optimizar a experiencia dos turistas nos 67 concellos da provincia

Redacción
Publicado: 30/10/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_lugo_app_turismo_consello.jpgA Deputación de Lugo vén de dar un paso de gran relevancia para o coñecemento (e o recoñecemento) da provincia e dos seus moitos atractivos turísticos nos ámbitos estatal e internacional: a posta en marcha dunha nova aplicación para dispositivos móbiles con cumprida información sobre a paisaxe, a gastronomía e a cultura da provincia, entre outras vertentes de interese. A ferramenta acubilla preto de 2.500 puntos de obrigada visita pertencentes aos 67 concellos lucenses. O obxectivo da Deputación é “atraer máis visitantes e mellorar a súa experiencia na provincia”.
A app foi presentada hoxe na primeira sesión do Consello Provincial de Turismo que se celebra neste mandato, no transcurso da cal certificouse “a idoneidade de apostar polas innovacións tecnolóxicas para mellorar a difusión e acceso á oferta turística”. Así o explicou o presidente da Deputación, José Tomé Roca, que tamén preside o Consello de Turismo: “Poñemos en marcha esta aplicación coa intención de achegar unha información turística atractiva que aumente o número de visitantes e ademais, lles axude a mellorar a súa experiencia na provincia de Lugo”, explicou, engadindo que que esta medida, coma o resto de adoptadas na sesión, realízanse en base ao Plan Estratéxico de Turismo.
Na reunión participaron 24 membros deste organismo posto en marcha pola Deputación para impulsar o sector. Na súa intervención, a deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, salientou as posibilidades e potencialidades da ferramenta móbil, pois “hoxe en día máis da metade dos viaxeiros utilizan as aplicacións para preparar as súas vacacións, e cremos que a dende as administracións temos que apostar por esta nova maneira de entender o turismo”, explicou.
García Porto expuxo o funcionamento desta ferramenta que lles amosa aos visitantes potenciais as singularidades que fan da provincia de Lugo “un destino especial”. Ao seu abeiro, explicou, recóllense preto de 2.500 puntos de interese que van dende elementos patrimoniais, paisaxes ata plans para aproveitar dunha forma máis eficiente a visita, “por iso a aplicación estará nunha renovación permanente en colaboración cos concellos, para achegar a información da maneira máis actualizada”, dixo, engadindo que a app funciona a través da plataforma Inventrip, onde os usuarios poden escoller un itinerario por cada un dos 67 concellos, un xenérico por cada un dos xeodestinos e unha serie de viaxes temáticas. Amais, poderán descargala a través dos sistemas operativos en Android e iOS, ou ben, acceder aos contidos a través de https://inventrip.com/deputaciondelugo/.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?