Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN salienta o compromiso de Gradiant coa investigación e a innovación responsables
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN salienta o compromiso de Gradiant coa investigación e a innovación responsables

Redacción
Publicado: 30/10/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20191030_gradiant_02.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, participou esta mañá na inauguración do Open Demoday da Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant), unha xornada de portas abertas centrada nas tecnoloxías da conectividade, intelixencia e seguridade e a súa aplicación á contorna industrial. O obxectivo da sesión era achegarse ao tecido empresarial para afondar na incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) aos procesos e produtos que desenvolven as empresas.
Argerey destacou o compromiso do centro tecnolóxico Gradiant coa transferencia de coñecemento e tecnoloxía ao tecido produtivo e a aplicación das TIC ao desenvolvemento económico e ao benestar social, en liña co concepto da Investigación e Innovación Responsable (RRI polas súa siglas en inglés), un dos principios xerais que guía as políticas europeas de I+D+i, que promove unha investigación e tecnoloxía cuxo impacto vaia máis alá da busca duns resultados económicos e da excelencia científico-tecnolóxica.
20191030_gradiant_03.jpgNeste senso, a directora de GAIN subliñou algúns exemplos de proxectos de I+D+i nos que o centro tecnolóxico galego aproveita o seu talento e coñecemento para poñelo ao servizo da sociedade e do sector empresarial, como o centro de ciberseguridade Tegra, promovido por Telefónica e Gradiant par desenvolver produtos e servizos que melloren a ciberseguridade das empresas; a Unidade Mixta de Investigación en eSaúde, en colaboración con Everis, para o desenvolvemento de solucións que contribúan a un apoderamento dos pacientes, a mellora da prestación asistencial e o aumento da satisfacción do usuario; ou a Unidade Mixta Smart Lifelong Learning, en colaboración coa empresa Netex, no marco da que se teñen desenvolto solucións para un modelo de aprendizaxe intelixente ao longo de toda a vida, aplicable tanto en contornos corporativos como educativos.
20191030_gradiant_01.jpg A directora de GAIN tamén destacou a primeira spin-off do centro, que se presentou hoxe, e que naceu do apoio do programa Ignicia da Xunta de Galicia. Esta empresa, Alice Biometrics, ofrece unha tecnoloxía de recoñecemento facial que permite verificar a identidade dos clientes de xeito totalmente en liña.
Argerey agradeceu a Gradiant a realización deste tipo de xornadas, que permiten informar ao tecido produtivo e á sociedade en xeral sobre os avances e tecnoloxías desenvoltas polo centro e promover colaboracións. Neste senso, apuntou que a Xunta de Galicia está convencida do potencial dos centros tecnolóxicos galegos e do seu papel como socios tecnolóxicos das empresas, en especial das PEME e instou aos participantes a establecer colaboracións no ámbito da I+D+i como garantía para acadar un maior impacto dos seus proxectos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?