Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Women in Games organiza en novembro o seu terceiro evento anual na Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Women in Games organiza en novembro o seu terceiro evento anual na Coruña

Redacción
Publicado: 30/10/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

women_in_games_participantes.jpgWomen in Games, a asociación de mulleres desenvolvedoras de videoxogos no ámbito estatal, vai organizar o seu terceiro evento anual na Coruña, máis en detalle no salón de actos da Facultade de Comunicación Audiovisual. Será o vindeiro 12 de novembro e contarase coa participación de Sara Álvarez Cubelos (responsable da creatividade de contornas e ambientes –environments– en Gato Studio), Eugenia Suárez Núñez (creadora 3D en Gato Studio), Bárbara Martínez Solé (creadora de contornas en Gato Studio) e Ana Barrós Calvete (co-fundadora de Identik3D).
O evento será de balde, e consistirá nunha serie de clases maxistrais sobre cada unha das especialidades das relatoras (terreo, personaxes, escenarios e impresión 3D, respectivamente), precedidas por un panel no que explicarán o seu traballo: en que consiste, cales son as súas responsabilidades, por que optaron por esa especialización e que estudaron para conseguilo.
women_in_games.jpg A edición de 2019 está coordinada pola embaixadora local de Women in Games na Coruña, María Fernández Hermida, en colaboración coa Universidade da Coruña e a Facultade de Comunicación Audiovisual e patrocinada por Campus Innova, o Centro de Estudos de Xénero e Feministas CEXEF), Gato Studio e Google.
A asociación
Women in Games (WiGJ) é unha asociación internacional con sede en Londres que traballa a día de hoxe para incrementar o número de mulleres que se adican profesionalmente ao sector dos videoxogos, e do que na actualidade conforman tan só en torno a un 20%. En marzo de 2017, WiGJ, en colaboración con Google, lanzou o Programa de Embaixadores de Women in Games. A dirección da asociación nomeou a 40 persoas chave (número que na actualidade acada xa as 114), distribuídas ao longo de máis de 10 países, co obxecto de que traballen localmente para promover os obxectivos da asociación na súa contorna máis inmediata, a través do desenvolvemento de eventos, congresos, charlas, mesas redondas, obradoiros, etc. destinados a un público mixto, pero con especial interese nas profesionais que xa traballan na industria ou que están interesadas en facelo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?