Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha o Portal das Familias, a web para informar de todo o relativo á educación galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha o Portal das Familias, a web para informar de todo o relativo á educación galega

Redacción
Publicado: 04/11/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

usando_tableta-2.jpgEstes días púxose en marcha un novo espazo web que funciona de porta informativa e participativa ao sistema educativo galego. Trátase do Portal das Familias, activado pola Consellería de Educación co obxectivo de dar conta, de maneira directa e áxil, de “todos os aspectos da educación en Galicia que son de especial interese para o alumnado, as nais e máis os pais”.
Aspectos como por exemplo o proceso de matriculación dos fillos nos distintos niveis educativos (ben sexa para as etapas de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato, ou para Formación Profesional, ensinanzas de Adultos, de Idiomas ou ensinanzas Artísticas e Deportivas), as datas de matrícula, a documentación esixida, os criterios de baremo, a asignación de prazas, etc. Tamén se informa dos títulos ofertados en toda Galicia, os procesos de homologación de títulos ou o pagamento de taxas para a expedición de títulos, de certificados de estudos, entre outros.
espazo_abalar.jpgAsí mesmo, o Portal das Familias inclúe un apartado específico onde se dá conta de todas as convocatorias de axudas ás que pode acceder o alumnado en Galicia, segundo o tipo de ensino, ou mesmo sobre os recursos educativos complementarios de transporte e comedor; así como dos premios promovidos pola Consellería e os requisitos e trámites para optar a eles.
O portal web inclúe outros apartados como a sección do AbalarMóbil, a aplicación que permite ás familias consultar información dos seus fillos a través do teléfono móbil (sobre os horarios das materias, titorías, cualificacións, faltas de asistencia,…), ou unha ligazón específica de interese para as propias familias (Espazo Familias) e outro para o alumnado (Espazo Alumnado).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?