Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A divulgación cultural a través da Rede centrará unha xornada no Gaiás
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A divulgación cultural a través da Rede centrará unha xornada no Gaiás

Redacción
Publicado: 06/11/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

culturalike_01.jpgO vindeiro sábado 23 de novembro terá lugar a xornada #CulturaLike, que achegará ao Gaiás a dous divulgadores culturais que están a trunfar nas redes sociais cos seus contidos: Jaime Altozano, con 1,82 millóns de subscritores en YouTube, e o galego Miguel Ángel Cajigal, máis coñecido como El Barroquista, con preto de 42 mil seareiros en Twitter.
Esta xornada amosará como os contidos culturais tamén espertan o interese dunha audiencia de masas e tamén son capaces de converterse en trending topic nas redes sociais. De igual xeito, o encontro busca demostrar como estas ferramentas en liña poden servir de aliadas perfectas para difundir a arte fóra dos espazos museísticos, rachando coas canles de acceso tradicionais e permitindo espallar e democratizar sen lindes físicos ou académicos contidos e coñecementos culturais.
culturalike_02.jpgDeste xeito, no encontro estará un dos máis destacados divulgadores culturais en lingua hispana en Internet, Jaime Altozano, compositor e produtor musical, que ten colaborado como creador de contidos divulgativos con institucións como a Universidad Politécnica de Madrid ou Teatro Real e con diferentes medios de comunicación.
En Galicia tamén hai influencers culturais cunha forte pegada e seguimento en Twitter, como é o caso de Miguel Ángel Cajigal, máis coñecido por El Barroquista. A conta de Twitter deste licenciado en Historia da Arte e diplomado en Estudos Avanzados da Música pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) rexistra máis de 40.000 seguidores. Director do Máster de Educación en Museos y Espacios Culturales da Universidad Miguel de Cervantes (Valladolid) tamén colabora como divulgador cultural no programa Galicia por Diante da Radio Galega e forma parte do Servizo de Educación, Mediación e Atención ao visitante da Cidade da Cultura.
Da man destes dous destacados creadores de contidos culturais nas redes sociais, os participantes en #CulturaLike terán a oportunidade de coñecer as claves dos novos relatos da cultura en Internet; a potencialidade da súa difusión en liña; e as importancia do seu deseño para facilitar a súa comprensión e acadar un maior impacto.

Caso práctico: Galicia, un relato no mundo

culturalike_03.jpgTodos os participantes traballarán tamén cun caso práctico, os contidos de Galicia, un relato no mundo, a primeira das tres grandes exposicións que a Xunta de Galicia realiza no Museo Gaiás da Cidade da Cultura dentro da programación do Xacobeo 21.
Deste xeito, deberán realizar as súas propias achegas divulgativas ao redor desta mostra, que exhibe por primeira vez en Galicia destacada pezas de alto valor simbólico para a historia e cultura do noso país e que se atopan en prestixiosas institucións museísticas en diferentes recunchos do planeta.
Precisamente, convidaráselles ás persoas inscritas en #CulturaLike a participar na proba práctica Ti tamén podes facer #CulturaLike, na que poderán amosar os coñecementos adquiridos e as súas habilidades na construción de contidos e relatos en liña con esta grande exposición do Museo Centro Gaiás e nunha destas catro redes sociais: Twitter, Instagram, Facebook ou Youtube.
A publicación en cada unha destas canles da persoa que máis interaccións reciba ata o 31 de decembro recibirá como agasallo unha visita privada para el e para un acompañante con El Barroquista, quen lles ensinará a catedral de Santiago. Esta experiencia suporalles a descuberta dun xeito diferente desta obra mestra da arte románica mundialmente recoñecida e de espazos que, de seguro, nunca antes se tiñan fixado co detemento e ollada deste especialista. A visita comentada incluirá o Arquivo da catedral e o soberbio Pórtico da Gloria, recentemente restaurado para recuperarlle a súa policromía orixinal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?