Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta aposta por adaptar a industria aos retos dixitais para o avance das empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

A Xunta aposta por adaptar a industria aos retos dixitais para o avance das empresas

Redacción
Publicado: 06/11/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20191106_conde_01.jpgEsta mañá no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela abriu as súas portas o Innovation & Manufacturing Brokerage Event, organizado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), que persegue a innovación e fabricación avanzada como canle para adaptar a industria galega aos retos dixitais para que as empresas gañen tamaño e avancen en internacionalización. Por iso, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, lembrou que a súa consellería destinará o vindeiro ano preto de 210 millóns de euros a lograr unha Galicia máis innovadora, potenciando os sectores nos que Galicia xa é líder, como o naval, o téxtil e a automoción, e explorando novas posibilidades que enriquezan o tecido industrial.
Conde sinalou que Galicia ten atopado novos focos de innovación, como o polo aeroespacial, o polo das TIC ou o polo de biotecnoloxía, que busca en Santiago novas sinerxías co ecosistema bio rexional, dotado dunha aceleradora centrada no descubrimento de novos fármacos. Tamén lembrou a aposta galega polos hubs de innovación dixital, e a nova convocatoria de axudas para empresas participantes nos mesmos que desenvolvan proxectos de I+D+i. Prevese ademais poñer en marcha un plan de impulso á transformación dixital, dotado con 5,3 millóns de euros.
No marco da Axenda Industria 4.0, a posta en marcha de solucións para avanzar na nova industria concretarase en iniciativas como os Centros de Fabricación Avanzada, que terán como obxectivo validar e demostrar recursos de tecnoloxías dixitais made in Galicia en sectores industriais concretos. Por outra banda, e mediante o fomento da colaboración entre empresas complementarias que xeren solucións conxuntas, impulsarase a iniciativa Maquinaria 4.0, que incidirá no desenvolvemento de provedores de bens de equipo para a nova industria.
20191106_conde_02.jpgO conselleiro de Economía, Emprego e Industria resaltou que o Innovation & Manufacturing Brokerage Event se desenvolve no marco da RIS3 Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal, unha estratexia de especialización intelixente única en Europa que permite definir ámbitos de colaboración internacional, concretar programas de especializacións comúns, reforzar os sectores estratéxicos, e proxectar un desenvolvemento económico baseado na innovación e na investigación. Na súa intervención, Francisco Conde sinalou que a alianza entre Galicia e Norte de Portugal ten entre as súas prioridades a Industria 4.0 e a Industria da Mobilidade, con respostas baseadas na transformación dixital.
O conselleiro resaltou o traballo que se está realizando dentro do próximo programa marco europeo de innovación Horizonte Europa, centrado en fortalecer as bases científicas e tecnolóxicas da Unión Europea, fomentar a súa competitividade e facer fronte aos grandes desafíos mundiais. Tal e como apuntou Conde, o programa marco centrarase na revolución dixital, a economía circular e a transición cara un modelo de consumo baixo en carbono.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?