Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medra en 15 puntos o uso da Rede entre os galegos de entre 55 e 65 anos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Medra en 15 puntos o uso da Rede entre os galegos de entre 55 e 65 anos

Redacción
Publicado: 06/11/2019
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

internet_na_casa_fogar_rede-2.jpgPara quen siga opinando que as novas tecnoloxías son cousa exclusiva da mocidade e que a xente de certa idade non tira proveito das ferramentas dixitais, sinalarlle que os informes sobre uso das TIC por idades non fan máis que desmentir estas falsas crenzas. Por exemplo un dos máis recentes traballos do INE, no que se certifica, entre outras cousas, que o uso da Rede medrou en 15 puntos entre os galegos de 55 a 65 anos no último ano.
Este proceso de crecemento, extensible ao emprego e á contratación de Internet, abrangue tamén a situación dos núcleos máis pequenos de poboación respecto do proceso dixital (localidades de menos de 10.000 habitantes), que pasaron de ter unha media do 74,3% dos fogares conectados a unha taxa 81,2% no último ano.
Estes e outros datos forman parte do estudo publicado en outubro polo INE (Instituto Nacional de Estatísica) sobre o equipamento e uso das TIC nos fogares en 2019 e analizados polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Segundo fai saber o observatorio galego, malia os avances en Internet das poboacións de máis idades, segue a ser un feito incontestable que o uso e a contratación da Rede continúan a estar condicionados polo perfil sociodemográfico e “en Galicia, malia rexistrarse un crecemento sostido, mesmo por riba da media do conxunto do Estado, o peso da poboación maior de 65 anos inclina a o cómputo final de Galicia ás últimas posicións na comparativa estatal”. De feito entre a poboación máis nova, por debaixo dos 35 anos, o uso de Internet é practicamente universal.
Ao fío do devandito, o observatorio galego lembra que as cifras do último informe do INE confirman que os galegos por debaixo dos 34 anos superan a media estatal no uso habitual de Internet, “pero especialmente en relación ás compras online”, de xeito que a mocidade galega supera en 6 puntos porcentuais ao conxunto dos españois. De maneira paralela a isto, estanse a producir incrementos significativos do uso das TIC entre a poboación de maior idade.
Respecto da contratación en Internet, preto do 89% dos fogares galegos conta con este servizo, o que supón un incremento do 7,5% con respecto ao ano 2018, superior ao crecemento do conxunto do Estado (5,8%) e o maior rexistrado desde 2016. Segundo aclara o OSIMGA, “o medre máis importante prodúcese nos concellos galegos con menor poboación, os de menos de 10.000 habitantes, nos que os fogares conectados pasan dun 74,6% a un 81,2%”. Amais, nos espazos urbanos o incremento na contratación de Internet e da banda larga é superior á do conxunto do Estado, novamente.
No que atinxe ao uso das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación, as TIC, o informe do INE sinala que o 84% dos galegos e galegas de 16 a 74 anos utilizaron Internet nos tres últimos meses, cun incremento do 4,5%, con respecto ao ano anterior. Amais, como dixemos antes, entre a poboación máis nova, por debaixo dos 35 anos, o uso de Internet é practicamente universal. Ademais dos usos tradicionais, como os servizos de mensaxes instantáneas ou o correo electrónico, unha das vertentes de Internet máis estendidas entre os internautas galegos a é a banca electrónica, que utiliza o 64,6% dos internautas na nosa Comunidade, catro puntos máis que a media estatal. A investigación destaca igualmente a relevante presenza da Nube como sistema de almacenamento de ficheiros con fins privados, que practica un 46,2% dos galegos que utiliza Internet converxendo co conxunto do Estado.
Segundo a información que ofrece o INE, a maior parte das vivendas que dispoñen de acceso a Internet en Galicia, un 83,1% emprega unha conexión móbil de banda larga través dun dispositivo de man. Trátase da principal tecnoloxía de acceso, por diante da conexión por ADSL, cable ou fibra, que utiliza o 76,2% dos fogares. No conxunto de España as posicións invértese.
Respecto aos datos relativos ao tamaño do hábitat, a investigación recorda que nos concellos con poboación maior de 20.000 habitantes, a media galega iguala ou supera á estatal na contratación a Internet e a banda larga.
Así, nas vilas galegas de 20.000 a 50.000 habitantes rexístrase un forte ritmo de crecemento dos indicadores relacionados coa contratación de Internet e de banda larga. Neste tipo de concellos a conexión a Internet de banda larga medrou máis dun 8,5%, situándose no 94,1%, superando o valor da media estatal en 2,5 puntos porcentuais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?