Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Rianxo mergúllase na ciencia e na robótica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Rianxo mergúllase na ciencia e na robótica

Redacción
Publicado: 07/11/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Presentación do programa de actividades celebrada onte en Rianxo/Imaxes de Ana Rial
Presentación do programa de actividades celebrada onte en Rianxo/Imaxes de Ana Rial
No marco simbólico do Mes da Ciencia e baixo a premisa da cultura científica, técnica e da innovación como piar do desenvolvemento sociocultural da cidadanía, celebrarase o programa de actividades RianxoCiencia 2019, impulsado polo Concello rianxeiro. Esta iniciativa atópase conformada por un conxunto de propostas de promoción e divulgación dirixida a público en xeral, centrado na cultura científica e técnica. Así, o programa nace coa vontade de continuidade nos vindeiros anos e contempla numerosas actividades, todas elas de balde. Ao acto de presentación celebrado este mércores 6 de novembro asistiron o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños; a concelleira de Cultura, Raquel García; e o divulgador Vicente Mohedano.
rianxo_ciencia_detalle.jpgA edil Raquel García manifestou que o obxectivo deste evento reside en “achegar a ciencia ao público, espertar a curiosidade polo coñecemento”, engadindo que posibilitará “descubrir como se pode explicar o universo de forma divertida, lúdica e moi interesante.”
Na súa intervención, Vicente Mohedano expresou que “o coñecemento é moi atractivo para a xente”, ademais de explicar que Discurshow consiste en discursos teatralizados con conferencias densas, pero “moi atractivas, moi dramatizadas.”
rianxo_ciencia_mostra.jpgPola súa parte, o rexedor Adolfo Muíños destacou “a importancia da ciencia nas nosas vidas, a importancia do coñecemento científico que, sobre todo, se ensina nos centros, e os Concellos, dalgunha maneira, acompañamos buscando unha compoñente un pouco máis lúdica, máis informal, máis diferente, pero tamén con esa idea de completar a actividade que se da nos centros de ensino de coñecemento científico e divulgación científica.”
A cita arranca o sábado 9 cun obradoiro de robótica nos baixos da Biblioteca Municipal Castelao. A primeira sesión será de 10.00 a 11.30 horas, destinada a rapazada de 9 a 12 anos; mentres que a segunda terá lugar de 12.00 a 13.30 horas, focalizándose na mocidade de 13 a 16 anos. O número de participantes por sesión establécese en 12, previa inscrición.
O salón de actos do Auditorio de Rianxo acollerá o sábado 16, ás 12.00 horas, o Discurshow: Voute contar! a cargo de Vicente Mohedano e destinado a un público a partir de 8 anos. Pola tarde, ás 19.00 horas, o xornalista de GCiencia, Manuel Rey, ofrecerá unha charla-coloquio baixo o título Ciencia e razón fronte ás pseudociencias, terapias perigosas e outras lerias.
O obradoiro A ciencia nos tempos de Castelao, Dieste e Manuel Antonio chega á Biblioteca o venres 22, ás 18.00 horas. Esta actividade focalízase nun público de 6 a 12 anos, contando con 25 participantes, previa inscrición.
rianxo_ciencia_mostra_2.jpgO sábado 23 desenvolveranse dúas citas no salón de actos do Auditorio. A primeira, programada para as 12.00 horas, será Discurshow: Orbitamos! impartida por Vicente Mohedano e dirixida a rapazada a partir de 8 anos. A segunda, ás 19.00 horas, o director do Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago de Compostela (USC), José Ángel Docobo, ofrecerá unha charla-coloquio titulada As estrelas e os seus sistemas planetarios (e outras cousas que pasan -ou non pasan- no ceo).
O obradoiro de experimentos A maxia da ciencia! está previsto para o sábado 30 na aula de usos múltiples do Auditorio. A primeira sesión será de 10.00 a 11.30 horas, destinada a rapazada de 9 a 12 anos; mentres que a segunda se celebrará de 12.00 a 13.30 horas, dirixida a mocidade de 13 a 16 anos. O número de participantes por sesión establécese en 25, previa inscrición.
Así mesmo, a sala de exposicións do Auditorio alberga do 25 de outubro ao 30 de novembro a exposición 50 aniversario da chegada do home á Lúa.
As inscricións realizaranse na páxina web www.concelloderianxo.gal, no espazo Rianxociencia, e as admisións serán por sorteo, o cal desenvolverase 2 días antes do inicio de cada actividade. A listaxe de persoas admitidas publicarase unha vez rematado o sorteo, no mesmo espazo.
Organizado polo Concello de Rianxo, este evento conta coa colaboración da Deputación da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Arenaria Coordinación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?