Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As novas contribucións dixitais galegas á normalización da lingua chegan a Bruxelas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As novas contribucións dixitais galegas á normalización da lingua chegan a Bruxelas

Redacción
Publicado: 08/11/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

valentin_bruxelas_normalizacion_21_dias_co_galego.jpgA sede da Fundación Galicia Europa (Bruxelas) acolle esta semana (ata hoxe) o seminario educativo Tecnoloxías Dixitais, Modelos Lingüísticos e Integración Inmigrante, no que se presentaron (entre outras contribucións) os detalles dunha relevante iniciativa galega para afianzar a presenza da nosa lingua no día a día das novas xeracións: o programa escolar de dinamización lingüística 21 Días co Galego e +, deseñado como un proxecto educativo do IES da Pobra do Caramiñal e recoñecido xa polas potencialidades que abre en materia de normalización lingüística. Na cita en Bruxelas, que forma parte do programa da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD, nas súas siglas en inglés), participou o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García.
O secretario xeral centrou o seu relatorio sobre promoción do galego no ensino na dita experiencia orixinada no IES da Pobra, exportada, coa colaboración da profesora Pilar Ponte e dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega, a catro centros de Secundaria, Bacharelato e FP durante o pasado curso escolar, e a outros dez no presente curso. Valentín García salientou que a iniciativa contou coa participación de máis de 1.300 adolescentes e tivo unha gran repercusión na Rede, nomeadamente no blog do propio programa e nas redes sociais Facebook, Twitter ou YouTube.
21_dias_co_galego_blog.jpgSegundo engadiu, “21 Días co Galego e + é un proxecto que funciona en positivo, promovendo o apoio da contorna e a comunicación entre adolescentes de distintos puntos de Galicia, incidindo nas posibilidades e nas vantaxes de falar o galego, propoñendo pequenos retos estimulantes que axudan a alcanzar a meta final e visualizando nas redes sociais o traballo que os rapaces e rapazas estiveron facendo xeira a xeira”. O responsable de Política Lingüística da Xunta agradeceulle á NPLD o seu interese na difusión das boas prácticas en materia de normalización lingüística levadas a cabo desde Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?