Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A comunicadora Estrella Montolío acompañará a entrega dos novos Premios Sixto-Seco
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A comunicadora Estrella Montolío acompañará a entrega dos novos Premios Sixto-Seco

Redacción
Publicado: 11/11/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

estrella_montolio.jpgEstrella Montolío, experta en nova comunicación e emprendemento, amais de catedrática de Lingüística e asesora das vertentes comunicativas de empresas como Amazon, AENA ou Naturgy, estará os días vindeiros en Santiago, na Cidade da Cultura, para falarnos das fórmulas máis axeitadas das que podemos botar man para acadarmos o éxito coas nosas iniciativas de mercado. Trátase da conferencia O poder da conversa: comunicar para emprender, que se celebra o 21 de novembro na Cidade da Cultura.
O relatorio enmarcarase na entrega dos Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, certame impulsado pola Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, co obxectivo de “favorecer a creación de novas empresas no eido das industrias culturais e creativas”.
Nova entrega dos Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco
Nesta sétima convocatoria dos Premios Sixto Seco presentáronse máis dunha trintena de ideas emprendedoras que apostan por innovar no sector cultural, divididas en dúas modalidades: proxectos relacionados co deseño, a xestión cultural e a creación artística e plástica por unha banda, e proxectos na Rede ou creación de aplicacións informáticas no sector cultural, pola outra.
De entre todos eles, o xurado seleccionará un proxecto gañador por cada categoría, que recibirá cadanseu galardón de 3.000 euros en metálico ademais de poder incorporarse de balde e durante un ano ao coworking do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura. A entrega de recoñecementos, que terá lugar o xoves 21 de novembro ás 18,30 horas no Auditorio Neira Vilas da Biblioteca e Arquivo de Galicia, rematará coa devandita conferencia titulada O poder da conversa: comunicar para emprender, con entrada libre e de balde para todo o público interesado (ata completar capacidade).
Biografía de Estrella Montolío
Catedrática de Lingüística Hispánica na Universidade de Barcelona, Estrella Montolío Durán focaliza o seu traballo no estudo dos intercambios comunicativos nas contornas profesionais. Neste ámbito, ten asesorado a organizacións como AENA, Amazon, CaixaBank, Endesa, Naturgy, o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Ministerio de Xustiza, a Corte Suprema de Chile, os concellos de Madrid e Barcelona ou a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID).
Conferenciante convidada en máis dun cento de universidades españolas, europeas e americanas, é autora de numerosos traballos especializados aparecidos en publicacións nacionais e internacionais. É tamén autora, entre outras publicacións, dos libros Estrategias de comunicación para mujeres directivas (2012, Generalitat de Cataluña), Guía de comunicación igualitaria (2018, Caixabank), Manual de escritura académica y profesional (Dir. 2014, Ariel) ou Cosas que pasan cuando conversamos, que será publicado o próximo ano. Na súa vertente máis divulgadora, conduce a sección Todo es Lenguaje, no programa No es un día cualquiera de Radio Nacional, e é colaboradora habitual de diversos medios escritos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?