Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Naturgy poderá facer telexestión integral das súas redes grazas aos sistemas intelixentes de Microsoft
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Naturgy poderá facer telexestión integral das súas redes grazas aos sistemas intelixentes de Microsoft

Redacción
Publicado: 11/11/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

torre_alta_tension_naturgy_1.jpg
Microsoft formalizou un un acordo con UFD, a distribuidora eléctrica do Grupo Naturgy, co obxectivo de aplicar a tecnoloxía Azure IoT (referente do ámbitos da Internet das Cousas, a nube, a análise de Big Data e a Intelixencia Artificial) para facer avanzar a eléctrica na xestión a distancia das súas infraestruturas. Máis polo miúdo, o acordo permitiralle supervisar de maneira remota a súa rede de distribución.
O primeiro froito da alianza foi sentar os alicerces para o desenvolvemento dunha solución propia chamada Smart Energy Platform, con capacidade para facer seguimento das redes de UFD, cousa que é posible grazas á instalación de distintos tipos de sensores de baixo consumo, materializados a medida das necesidades do proxecto, que ofrecen, en palabras de Microsoft, “un sistema avanzado de monitoraxe e aproveitan o potencial da nube para realizar unha análise en tempo real”.
A adopción deste sistema, serve a Naturgy para optimizar o mantemento e mellorar o estado da súa rede de distribución de maneira proactiva, permitíndolle anticiparse á aparición de incidencias, xerar un aforro de custos e mellorar o servizo aos clientes.
A día de hoxe o proxecto atópase na súa fase piloto e ambas empresas están a traballar de xeito conxunto para desenvolver o hardware específico que posibilitará a detección dun amplo abano de incidencias nas estruturas de UFD, que, ademais, pretende ampliar dita plataforma a outras áreas para mellorar os seus procesos noutras contornas xeográficas.
Segundo engade a operadora, “a evolución da plataforma permitiranos maximizar o rendemento das nosas redes e, de feito, grazas aos datos proporcionados polos diferentes sensores IoT poderemos coñecer a carga que soporta cada cable en tempo real, así como a súa capacidade máxima en cada instante mediante a análise de parámetros como a temperatura do cable, a ambiental ou o grao de humidade”.
Dese modo, conclúe UFD, será posible “racionalizar o uso da infraestrutura dun modo máis preciso e realizar unha optimización dinámica da carga que soporta para alcanzar a máxima eficiencia, evitando ao mesmo tempo a saturación de puntos concretos da rede eléctrica”.
As seguintes fases do proxecto centraranse no desenvolvemento dunha plataforma baseada na Intelixencia Artificial de Microsoft Azure, que faga que se poida diferenciar, por exemplo, entre distintos patróns producidos no tendido eléctrico, para poder así detectar a causa e a localización exacta de incidencias, reducindo de forma drástica os tempos de intervención.
Ademais, nunha fase posterior do proxecto, poderase avanzar na automatización á hora de xerar partes de intervención con Dynamics 365, contribuíndo a que o sistema teña recursos para detectar a incidencia, determinar a solución e pór en marcha todos os procesos necesarios para alcanzala, acurtando os tempos de intervención.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?