Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Lugo avanza novos treitos en eAdministración urbanística
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Lugo avanza novos treitos en eAdministración urbanística

Redacción
Publicado: 11/11/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

concello_lugo_reunion_urbanismo_e_coag.jpgO Concello de Lugo vén de dar un paso importante en materia de xestión urbanística e servizos tecnolóxicos a empresas e cidadáns. E faino sincronizando a súa plataforma dixital coa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), o que permitirá, segundo informou o Goberno local, “unificar procedementos e acurtar os prazos de tramitación de licenzas”.
Estes e outros datos foron dados a coñecer a semana pasada polo concelleiro Miguel Couto e os responsables da dita entidade colexial, que mantiveron unha xuntanza técnica para “poñer en contexto” os procesos que empregan ámbolos organismos neste intre ao mesmo que tempo que se asentaron os alicerces da dita integración das plataformas electrónicas”. O obxectivo, dixo o edil, “é mellorar o intercambio de información entre as dúas entidades para simplificar a burocracia, abreviar os procedementos e, consecuentemente, os prazos e igual que aforramos tempo, tamén deixar de malgastar papel”.
Tamén detallou que cando os sistemas finalmente se coordinen, “toda vez que o proxecto dispón do visado correspondente”, os técnicos municipais poderán descargalo dende a plataforma do colexio mediante un código de identificación que terá incorporado cada expediente, sen necesidade de que os interesados teñan que traelo en formato físico ao consistorio nin darlle entrada por Rexistro. “Favorecemos así o seu manexo, diminuímos o número de xestións que asumen os administrados e posibilitamos unha comunicación más rápida que redundará, asemade, nunha maior eficiencia do labor municipal”, avanzou Miguel Couto que agarda que este novo mecanismo de funcionamento estea totalmente implantado a principios do 2020.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?