Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os premios dos Días Azuis do Comercio reivindican a proximidade e a dixitalización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os premios dos Días Azuis do Comercio reivindican a proximidade e a dixitalización

Redacción
Publicado: 12/11/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20191112_condediasazuis1.jpgEste martes entregáronse os premios da última edición da campaña Días Azuis do Comercio Galego, impulsada pola Consellería de Economía, a Federación Galega de Comercio e máis Abanca. A iniciativa en reivindicar os establecementos de proximidade a través dunha serie de recoñecementos a esta fidelidade polo pequeno e mediano comercio, innovador, sustentable e beneficioso para as vilas e as cidades. Segundo se fixo saber hoxe, na campaña participaron máis de 108.700 clientes de toda Galicia: 108.700 persoas que rexistraron cadanseus tícket de compra na páxina web www.diasazuis.com.
A nova campaña, realizada entre o 1 e o 20 de outubro, contabilizou un 13% máis de participación cidadá con respecto ao ano anterior e un 6% desde a convocatoria de maio. No acto de hoxe fíxose entrega aos clientes gañadores dos 16.200 euros en premios repartidos en tarxetas prepago de 300 e de 150 euros. O listado completo dos 80 premiados pode consultarse en
https://www.diasazuis.com/ganadores.
20191112_condediasazuis3.jpg É a cuarta vez que se desenvolve esta iniciativa, e a primeira ocasión na que se celebran dúas edicións anuais, sendo o obxectivo principal dinamizar as vendas no comercio de proximidade e premiar a fidelidade dos cliente.
Na cita de hoxe participou o conselleiro de Economía, Francisco Conde, que gabou o empuxe dos establecementos de proximidade por anticiparse aos novos desafíos “respondendo con innovación e buscando o grao extra de diversificación, ao tempo que poñen ao cliente no centro da estratexia”.
Na súa intervención, o conselleiro apuntou que o comercio, que representa algo máis do 14% do tecido empresarial galego, significa “calidade de vida para o seu entorno”, polo que cómpre pechar fileiras arredor do seu fortalecemento. Segundo lembrou, para apoiar ese medre, “a Xunta ten en marcha Comercio 360, unha iniciativa que busca a competitividade a través da dixitalización, a economía circular e o produto local”. Amais, dixo, estanse a desenvolver medidas centradas na implantación do tícket dixital, o impulso da ecoinnovación, a mercadotecnia en liña ou a reforma dos establecementos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?