Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Microsoft anuncia numerosas novidades sobre xCloud e Xbox Game Pass
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Microsoft anuncia numerosas novidades sobre xCloud e Xbox Game Pass

Marcus Fernández
Publicado: 15/11/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

inside_xbox_x19_escenario.jpgA pasada noite o X019 organizado por Microsoft botou a andar en Londres cunha emisión especial de Inside Xbox na que deron conta dunha chea de novas relativas ao mundo dos videoxogos, nos que as consolas Xbox foron o eixe ao redor do que xiraron, aínda que tamén adiantaron detalles sobre o cada vez máis prometedor sistema de xogo na nube que está a preparar a compañía de Redmond.
O Project xCloud, polo momento en probas en Corea, Reino Unido e EE.UU., promete que en 2020 chegará a parte de Europa (sen un calendario definido) e non só permitirá que gocemos de xogos de Xbox en teléfonos, tabletas e en calquera lugar, senón que tamén confirmaron a súa chegada a Windows 10 para o ano que vén e, como boa nova para moitos, engadiron que están a ampliar o soporte de mandos Bluetooth, de xeito que incluso funcionará cos de PlayStation 4 (para fortuna dos que xa teñen varios mandos na casa).
project_xcloud_preview.jpgEsta plataforma de xogo na nube de Microsoft confirmou a recepción de máis de 50 novos títulos na súa fase de probas (o que poderiamos considerar que eclipsa a Google Stadia no seu lanzamento), de xeito que os que queiran probar este novo xeito de xogar terán grandes títulos aos que chantar o dente, aínda que non deixa de ser unha pequena mostra do que deparará o futuro, xa que prevén que xCloud reciba os máis de 3.500 xogos que funcionan en Xbox One actualmente e os 1.900 que están actualmente en desenvolvemento, conformando unha plataforma de xogo en liña sen competencia no que a volume de títulos se refire.
Microsoft pretende que xCloud poida funcionar cos amigos, os logros, as partidas gardadas e os progresos que os usuarios xa teñan en Xbox, polo que adoptar esta plataforma non suporá comezar de cero, e tamén farán que sexa compatible con Xbox Game Pass, o que no futuro podería ser un dos meirandes reclamos para xCloud, xa que facilitaría o acceso a un bo número de xogos (incluíndo as novidades dos estudios de Microsoft) por unha cota fixa mensual.

Vídeo co Inside Xbox da pasada noite

Novos xogos en Xbox Game Pass

xbox_game_pass_2019.jpgDe feito, o Xbox Game Pass foi un dos grandes protagonistas da gala de onte, xa que anunciaron medio cento de xogos que se incorporarán a este catálogo, que dende agora mesmo inclúe títulos como RAGE 2 (PC e consola) ou Age of Empires II: Definitive Edition (PC), e para decembro e primeiros do ano que vén incluirá grandes títulos como Darksiders III, My Friend Pedro, Tekken 7, The Witcher 3: Wild Hunt… tres xogos da franquía Yakuza (Yakuza 0, Yakuza Kiwami e Yakuza Kiwami 2) e, como grande sorpresa, dez xogos da franquía Final Fantasy (Final Fantasy VII, Final Fantasy VIII: Remastered, Final Fantasy IX, Final Fantasy X: HD Remastered, Final Fantasy X-2: HD Remastered, Final Fantasy XII: The Zodiac Age, Final Fantasy XIII, Final Fantasy XIII-2, Lightning Returns: Final Fantasy XIII e Final Fantasy XV).
O evento aproveitouse para asegurar que o 3 de decembro Halo: Reach chegará a PC, acompañando así a chegada da Halo: The Master Chief Collection a ordenadores persoais, conversión que provocou que tamén publicasen melloras para Halo 3: ODST e Halo: Reach nas súas versións de consola (que xa están dispoñibles para a súa descarga).
Os Xbox Game Studios tamén prepara xogos moi interesantes para 2020, como Bleeding Edge, Grounded, Minecraft Dungeons, Ori and the Will of the Wisps, Tell Me Why e Wasteland 3, que chegará para consola e PC, e Microsoft Flight Simulator, só con versión para PC.

Anuncio dos xogos que chegarán a Xbox Game Pass nos vindeiros meses

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais

23/11/2026
VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?