Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA e INCIBE xuntan forzas para formar e concienciar en ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA e INCIBE xuntan forzas para formar e concienciar en ciberseguridade

Redacción
Publicado: 18/11/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ciberseguridade-7.jpgA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INICIBE) veñen de asinar un acordo para traballar no fomento de máis e mellores recursos que garanta unha Sociedade da Información segura e, tamén, para impulsar actividades de capacitación, sensibilización e concienciación dirixidas ás empresas e ás persoas, facendo especial fincapé nos menores de idade, nas familias, nos educadores e nos centros docentes. Asemade, favorecerase a transparencia e o intercambio de coñecemento e experiencias.
A sinatura deste acordo enmárcase dentro das medidas do Plan Director de Ciberserguridade da Xunta, que ten entre os seus obxectivos principais protexer os servizos públicos dixitais fronte a este tipo de ameazas e “crear un clima de confianza para xeneralizar o uso deste servizos”.
Tras a sinatura do acordo, o seguinte fito será a xuntanza da comisión de seguimento, integrada por representantes de ambas entidades para concretar as actuacións e servizos que se desenvolverán. Segundo lembrou AMTEGA, a ciberseguridade é “un elemento crave no proceso de transformación dixital que estamos a vivir e un tema vital importancia a nivel empresarial”, tal e como demostran os informes recentes de todo tipo de entidades, incluído o observatorio galego OSIMGA, que destaca que no 2018 o 85,3% das empresas de 10 ou máis traballadores e o 41,6% das microempresas galegas empregaban xa sistemas de seguridade. “Entre as microempresas este indicador increméntase en 2 puntos porcentuais con respecto ao ano anterior”, explica a axencia, engadindo, respecto da percepción dos cidadáns, “que o 90% dos galegos considera recomendable ter máis información para navegar de xeito seguro pola Rede”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?