Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Stadia botará a andar cun catálogo de 22 xogos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Stadia botará a andar cun catálogo de 22 xogos

Marcus Fernández
Publicado: 18/11/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

stadia_father_and_daughter_playing_video_games.jpgA semana pasada Google anunciou os 12 xogos de lanzamento do servizo Stadia, aos que engadiríanse 14 máis antes de rematar o ano, pero pouco despois Microsoft deixou quedar extraordinariamente mal este catálogo de lanzamento ao anunciar a incorporación de 50 xogos máis ao Project xCloud, e como reacción temos que agora, un día antes da estrea de Stadia, suben a aposta e colocan como xogos de lanzamento un total do 22, dos que dous (Destiny 2: The Collection e Samurai Shodown) estarían incluídos na subscrición de Stadia Pro.
stadia_launchlineupupdated-11.18.jpgOs outros 20 xogos que estarán dispoñibles de saída para Stadia son Assassin”s Creed Odyssey, Attack on Titan: Final Battle 2, Farming Simulator 2019, Final Fantasy XV, Football Manager 2020, Grid 2019, Gylt, Just Dance 2020, Kine, Metro Exodus, Mortal Kombat 11, NBA 2K20, Rage 2, Rise of the Tomb Raider, Red Dead Redemption 2, Shadow of the Tomb Raider: Definitive Edition, Thumper, Tomb Raider: Definitive Edition, Trials Rising e Wolfenstein: Youngblood, aos que nas seguintes 6 semanas engadiríaselle Borderlands 3, Tom Clancy’s Recon Breakpoint, Dragon Ball: Xenovers 2 e Darksiders: Genesis, ou sexa, que só reaxustaron o calendario de lanzamentos de 2020, quedando non só como un catálogo moi pobre, senón tamén cuns prezos moi pouco realistas, xa que os xogos terán prezos de lanzamento, cando na meirande parte dos casos están moi rebaixados (e máis que estarán antes do Nadal, xa que haberá varias campañas de rebaixas nas vindeiras semanas) no resto de plataformas. Por exemplo Assassin’s Creed Odyssey e Shadow of the Tomb Raider custarán 59,99 dólares (que en formato físico podemos atopalos a 26,99 euros para Xbox One) ou Red Dead Redemption 2 con versións de entre 59,99 e 99,99 dólares (cando en PS4 podemos atopalo por dende 34,50 euros). Se a iso sumámoslle que a metade das grandes características de Stadia non estarán dispoñibles nos primeiros meses (ou sexa, que o servizo, pese a ser de pagamento, está realmente en fase de probas), temos unha plataforma que será difícil de ponderar ata ben avanzado 2020, cando remate o seu desenvolvemento e teña un catálogo máis rico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais

23/11/2026
VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?