Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 25 dos novos proxectos acelerables presentados a BFAero son galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

25 dos novos proxectos acelerables presentados a BFAero son galegos

Redacción
Publicado: 20/11/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

bfaero-4.jpgUn total de 40 proxectos de potencial aplicación no sector aeronáutico e dos vehículos aéreos non tripulados (UAV) optan a formar parte da segunda edición da aceleradora Business Factory Aero (BFAero) tras pecharse o prazo de presentación de solicitudes. Segundo informan as entidades que impulsan este centro lucense de despegue empresarial, as iniciativas candidatas están actualmente na fase de preselección con vistas a seren avaliadas polo comité executivo de BFAero. Finalmente, só seis delas obterán unha praza para participar no programa, que forma parte da Civil UAVs Initiative (CUI) impulsada pola Xunta de Galicia (Axencia Galega de Innovación).
bfaero_traballando.jpg O prazo para a presentación de candidaturas nesta segunda convocatoria rematou o pasado venres 15 de novembro ás 14.00 horas “cunha alta participación”, explica GAIN, engadindo que máis da metade dos proxectos presentados son de Galicia (25). Amais, seis teñen procedencia en Madrid e as provincias de Barcelona e Granada concorren con dous proxectos cada unha. O resto proveñen de Salamanca, Biscaia, Palma de Mallorca, Alacante ou Valencia.
Durante a primeira semana de decembro, o comité executivo de BFAero dará a coñecer a súa escolma dun mínimo de 10 proxectos que poderán defender a súa candidatura nunha entrevista e máis no Pitch Day que se celebrarán en Lugo os días 12 e 13 de decembro. A este mínimo de 10 proxectos que superarán a primeira peneira sumaranse directamente os dous elixidos mediante a votación popular celebrada na páxina web de BFAero, que terán garantida a súa praza na entrevista e no Pitch Day. Tras a selección final, un máximo de seis startups formarán parte da aceleradora (tres en fase de incubación e tres de aceleración) e sumaranse ás seis da primeira edición que xa están a traballar en BFAero desde hai uns meses.

Patricia Argerey, directora de GAIN, nunha imaxe de V. Rodríguez para Economiaengalicia.com
Patricia Argerey, directora de GAIN, nunha imaxe de V. Rodríguez para Economiaengalicia.com
Máis dun centenar de candidaturas en só un ano
Segundo informa GAIN, os resultados desta segunda edición confirman “o interese que esperta o sector aeronáutica e os vehículos non tripulados”. Para facernos unha idea concreta disto, en só un ano, BFAero lanzou dúas convocatorias nas que se presentaron máis dun centenar de candidaturas, 62 delas procedentes de Galicia. “Estes datos reforzan o importante papel da Civil UAVs Initiative para reter e captar talento na nosa Comunidade, que conseguiu converterse xa nun polo aeronáutico de referencia en España”, engade.
Por áreas temáticas, un 43% dos proxectos presentados están relacionados co deseño e produción de vehículos non tripulados. As tecnoloxías habilitadoras son o segundo foco temático con máis presenza nas candidaturas desta segunda edición (case un 32%), seguido dos proxectos relacionados coa obtención de datos e información e coas cargas de pago e sistemas, con case un 30% cada unha.
BFAero ofrecerá ás seis startups seleccionadas un completo plan para o desenvolvemento e lanzamento do seu produto ou servizo no mercado local, nacional e internacional, cunha duración de 24 meses para a etapa de incubación e de 12 meses para a de aceleración. Así, terán á súa disposición titorías e asesoramento con expertos no sector, acceso ás instalacións e equipos da CUI, oficina propia e espazos para realizar traballo colaborativo (coworking) e recibir formación en todos os aspectos que afecten á súa idea de negocio.
Os proxectos contarán con asesoramento tecnolóxico e acceso a potenciais clientes de ámbito internacional. Ademais poderán dispor de UAV (vehículos aéreos non tripulados) de Indra e máis de Babcock de maneira gratuíta e de horas de voo bonificadas. Tamén terán a opción de obter a certificación de piloto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?