Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os premios Galileo Masters salientan un proxecto vigués de xeolocalización por satélite
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os premios Galileo Masters salientan un proxecto vigués de xeolocalización por satélite

Redacción
Publicado: 20/11/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

premio_galileo_masters_vigo.jpgDende Vigo chegaba hoxe a nova de que o proxecto CX-Geodron resultaba gañador da edición deste ano do Concurso Galicia Challenge, un concurso que se encadra na convocatoria europea dos premios internacionais Galileo Masters, convocados pola Axencia Europea GNSS e a Axencia Espacial Europea. O dito proxecto propón desenvolver un sistema instalado en drons para detectar dun xeito preciso obxectos sobre un plano terrestre ou subterráneo.
Volvendo ao galardón, dicir que foi esta mañá cando o reitor Manuel Reigosa e o delegado de Zona Franca, David Regades, entregaban o diploma acreditativo aos tres integrantes do equipo RadioUAV pertencentes ao grupo de investigación Antenas, Radar e Comunicacións Ópticas da Universidade de Vigo.
Con este premio rexional, a Zona Franca de Vigo premia ao gañador cun ano de incubación no viveiro do edifico Aeroespacial de Porto do Molle, o que inclúe a asistencia no desenvolvemento do produto, acceso a expertos, consultoría, formación e orientación económica para converter a súa idea de negocio. Amais disto, a Zona Franca tamén sufragará a representantes de CX-Geodron os gastos de viaxe e aloxamento á cerimonia internacional de entrega de premios que se celebrará en Helsinqui o próximo 4 de decembro.
Na capital finesa todos os proxectos gañadores das diferentes contornas europeas optarán ao Premio da Idea do Ano na convocatoria internacional e tamén poden optar a outros 6 premios especiais en diferentes categorías. Asemade, CX-Geodron foi preseleccionado, xunto con outras nove ideas de distintos países, para optar ao Premio Especial de Aceleración. Se CX-Geodron resultara gañador do Premio Especial de Aceleración, podería recibir máis de 60.000 euros en servizos de apoio.
CX-Geodron, nado dunha colaboración entre a Universidade de Vigo e a de Oviedo, consiste nun radar instalado nun vehículo aéreo non tripulado e permite, mediante a utilización de bandas UHF e SHF, a detección e identificación de obxectos a nivel terrestre e subterráneo. Os principais usos que podería ter son: detección de minas antipersoas; detección de contaminación mariña e derrames de petróleo; usos arqueolóxicos; localización de infraestruturas soterradas; servizos GPR tradicionais e detección de volume e altura de masas forestais preto de infraestruturas críticas tales como torres de media e alta tensión.
En canto ao Concurso Europeo de Navegación por satélite Galileo Masters, cómpre dicir que é un concurso internacional de innovación que premia aos mellores servizos, produtos e negocios que empregan a navegación por satélite para aplicacións na vida cotiá. Este ano 2019 o Consorcio acode por quinta vez consecutiva a esta cita como socio rexional deste concurso, promovido pola Axencia Europea GNSS, a Axencia Espacial Europea, o Centro Aeroespacial Alemán e o Ministerio Federal Alemán de Transporte e Infraestruturas Dixitais. Dende o seu inicio en 2004 a convocatoria medrou ata conformar unha rede mundial de innovación e coñecemento con 18 rexións europeas asociadas e máis de 200 expertos industriais e científicos de todo o mundo. Os gañadores coñeceranse na cerimonia anual que terá lugar o próximo día 4 de decembro en Helsinqui.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?