Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta apoia o esforzo do sector TIC para avanzar na internacionalización das PEME galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta apoia o esforzo do sector TIC para avanzar na internacionalización das PEME galegas

Redacción
Publicado: 21/11/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20191122_cividanes_01.jpgO Clúster TIC promoveu hoxe unha xornada técnica que forma parte da misión comercial inversa apoiada polo programa Galicia Exporta que desenvolve a Consellería de Economía, Emprego e Industria, e que dá continuidade á delegación internacional que o pasado mes de maio visitou Galicia. Durante a súa apertura o director do IGAPE, Juan Cividanes, salientou que o esforzo deste sector é clave para facilitar a mellora da competitividade das empresas galegas en xeral, facendo máis doado o camiño cara á Industria 4.0, e reforzando os avances na internacionalización do tecido produtivo.
Ademais de subliñar que o impulso transversal do sector TIC é clave para adaptar o resto dos ámbitos produtivos estratéxicos galegos á implantación da fábrica intelixente e ás tecnoloxías emerxentes, que a Xunta promove ao abeiro da Axenda 4.0, Cividanes resaltou a boa evolución da presenza exterior das empresas galegas desta industria, e lembrou que accións como esta do sector reforzan a proxección exterior das PEME galegas no seu conxunto.
20191122_cividanes_02.jpgO director do IGAPE subliñou que en 2018 exportaron aos dous países participantes na misión comercial 825 empresas galegas por importe de 445,98 millóns de euros, e destacou o incremento que rexistraron as vendas a Chile, cun ascenso do 29% con respecto a 2017. No que respecta a 2019, ata agosto, as exportacións a ese destino e a México acadaron un valor de 269,11 millóns de euros.
Con preto de 18 millóns de euros en exportacións a México, este é actualmente o primeiro país estratéxico de América Latina para as empresas TIC galegas. De feito, hai xa 20 compañías socias do Clúster TIC que teñen sede en ese destino, e outras oito están focalizando as súas vendas cara el. Nos primeiros oito meses de 2019, exportaron ao país centroamericano preto de 399 empresas galegas por importe de 151,91 millóns de euros. Por outra banda, as exportacións do sector TIC galego a Chile acadaron os 8,9 millóns de euros o pasado ano.
Durante a xornada de hoxe en Santiago de Compostela as oito empresas mexicanas e chilenas que integran a delegación comercial realizaron exposicións técnicas, ás que seguiron presentacións das PEME que integran o Clúster TIC e dos centros tecnolóxicos galegos que traballan no eido da I+D+i. Finalmente, todas as compañías tiveron oportunidade de establecer encontros bilaterais para propiciar a cooperación e posibles acordos tecnolóxicos e comerciais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?