Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O alumnado do Servizo de Audiovisuais de Lugo implicarase contra a violencia de xénero
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O alumnado do Servizo de Audiovisuais de Lugo implicarase contra a violencia de xénero

Redacción
Publicado: 21/11/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_lugo_211119_presentacion_actos_do_25n.jpgA Deputación de Lugo, a través do Centro de Formación do Servizo de Audiovisuais (antiga Fundación TIC), está a impulsar unha completa liña de acción para celebrar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, este 25 de novembro. O programa, dado a coñecer hoxe pola deputada da Muller e Igualdade, María Loureiro, acompañada do alumnado do centro formativo do SdeA, leva consigo a implicación de boa parte dos concellos da provincia (45 de 67). As reivindicacións xa deron comezo este xoves, co despregue dunha pancarta na fachada do pazo provincial, co lema Non é Non. O groso das actividades concentrarase o día 25, a desenvolver en colaboración estreita co Concello de Lugo.
O Centro de Formación do Servizo de Audiovisuais da Deputación involúcrase un ano máis na organización e difusión desta iniciativa, polo que a comunidade de estudantes de primeiro de Produción será a encargada de deseñar e dirixir a cuarta marcha En Camiño contra as Violencias, unha andaina que terá continuidade nas redes sociais (con material audiovisual diverso do SdeA) e á que convidan a toda a cidadanía, tal e como se fixo nas tres edicións anteriores con “grande éxito de participación”, segundo explicou María Loureiro, engadindo que a marcha arrincará ás 11.30 horas do Centro de Formación, na rúa Frei Plácido Rei Lemos, onde as e os participantes recibirán camisetas e paraugas negros co lema da campaña.
Práctica en escenario real
En Camiño contra as Violencias recolle por cuarto ano consecutivo as propostas do alumnado de 1º de Produción do Centro de Formación do Servizo de Audiovisuais da Deputación, que se ocupará tamén do desenvolvemento da marcha. Segundo se fixo saber hoxe, trátase da súa primeira práctica nun escenario real, malia que levan só dous meses de formación en novas tecnoloxías ao servizo das linguaxes audiovisuais. “A actividade”, engadiu a deputada, “esíxelles un complexo traballo de planificación e preprodución coa organización de diversas actuacións e actividades, así como a elaboración de todo o material”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?