Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago lánzase á busca de solucións innovadoras para converterse en Cidade Intelixente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago lánzase á busca de solucións innovadoras para converterse en Cidade Intelixente

Redacción
Publicado: 21/11/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartiago_presentacion.jpg
O Concello de Santiago iniciou hoxe, oficialmente e cun acto ateigado de personalidades e representantes empresariais, a súa procura de solucións innovadoras para converterse definitivamente na Cidade Intelixente que quere ser: unha urbe onde a tecnoloxía axude na xestión, nas comunicacións, no tráfico, no respecto ao medio ambiente e na sustentabilidade, ao tempo que garante a identidade histórica da capital galega. O acto (a presentación do lanzamento da consulta preliminar ao mercado do proxecto Smartiago) celebrouse no Hostal dos Reis Católicos. Na sesión, o alcalde Xosé Sánchez Bugallo, lembrou que o Concello xa captou 6.180.000 millóns de euros para situarse na “vangarda da compra pública innovadora”.
Tamén recordou que a consulta preliminar presentada hoxe ten o obxectivo de “recompilar a información necesaria en canto a solucións innovadoras para preparar os futuros pregos de licitación nos tres ámbitos que comprende o proxecto: mobilidade, xestión de residuos e limpeza viaria e alumeado ornamental”.
Na cita, o rexedor tamén expresou a “necesidade” da tecnoloxía e da innovación para “preservar o noso patrimonio histórico”. Esta, dixo, é unha das principais razóns de ser do proxecto Smartiago, que busca sacar o máximo proveito das oportunidades que ofrecen as novas ferramentas.
smartiago_presentacion_consulta.jpgAcompañaron ao alcalde o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e malia secretaria de Estado de Universidades, Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Ángeles Heras.
Logo da intervención do concelleiro de Presidencia e Relacións Institucionais, Gumersindo Guinarte, houbo unha explicación dos aspectos técnicos do proxecto Smartiago a cargo de Jesús Rodríguez Castro, xefe do Servizo de Informática do Concello. A continuación, Manuel Varela, director de Sector Público en Science & Innovation Link Office (SILO) falou sobre como participar nas consultas e aspectos administrativos.
Canta máis información e propostas, mellor
O obxectivo da consulta é xuntar a información necesaria para preparar as futuras contratacións públicas de innovación do proxecto Smartiago e informar aos operadores económicos sobre os seus plans e requisitos de contratación. A convocatoria é aberta e dirixida a persoas físicas ou xurídicas, públicas o privadas. Poderán presentar as súas propostas ata o 16 de decembro.
As propostas deberán ofrecer solucións innovadoras destinadas a dar resposta aos retos do Smartiago nos eidos da mobilidade, da xestión dos refugallos sólidos urbanos e limpeza viaria e do alumeado ornamental. A partir do resultado destas consultas, sinalouse hoxe, “o Concello contará co coñecemento suficiente sobre as posibilidades tecnolóxicas existentes no mercado cara futuros trámites de Compra Pública de Innovación ou outros procedementos

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?