Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A protección de datos laborais na era dixital, polo miúdo este luns en Ferrol
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A protección de datos laborais na era dixital, polo miúdo este luns en Ferrol

Redacción
Publicado: 22/11/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

office-cctv-video-surveillance.jpgEste luns vaise celebrar no Campus de Ferrol unha xornada de utilidade para informarnos dos nosos dereitos e obrigas á hora de salvagardar, nos eidos empresariais, a información propia e allea ao abeiro das novas canles dixitais. Trátase da xornada Dereito á intimidade e protección de datos no ámbito laboral, organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais e a Facultade de Ciencias do Traballo da Universidade da Coruña (UDC), coa colaboración da Asociación de Empresarios de Ferrolterra (AEF).
Segundo salientan estas entidades, na sesión tratarase un tema moi actual e de gran interese dende a perspectiva empresarial, “tendo en conta a xeneralización do uso de medios dixitais (recursos informáticos, sistemas de control de acceso dactilar ou biométrico, medios para o tratamento de datos derivados da vixilancia da saúde, etc)”.
Participarán na xornada, entre outros:
· Eider Larrazabal Astigarraga. Profesora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade do País Vasco. A relación empresa-persoa traballadora e a protección de datos no ámbito laboral. Obrigas e dereitos.
· Isabel Olmos Parés. Maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Mesa redonda O ámbito da intimidade na prestación laboral: límites, condicións e casos práctico.
· Elena Mancha de Espinosa. Inspectora de Traballo e Seguridade Social da Coruña. Mesa redonda O ámbito da intimidade na prestación laboral: límites, condicións e casos práctico.
· Representantes da CIG, UGT-Galicia, SN de CCOO e da CEG. Mesa redonda A privacidade e o dereito no ámbito laboral.
A xornada terá lugar no salón de actos do Campus Universitario de Esteiro, de 9,15 a 14,00 horas, o luns 25 de novembro de 2019, e contará con un servizo de intérprete de lingua de signos. Para asistir, podemos facer a inscrición nas seguintes contas de correo electrónico: formacion.cgrl@xunta.gal, decanato.fct@udc.es, info@empresarios-ferrolterra.org.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?