Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Toponimízate e a súa vertente dixital chegarán a 16 novas localidades da nosa terra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Toponimízate e a súa vertente dixital chegarán a 16 novas localidades da nosa terra

Redacción
Publicado: 22/11/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

toponimizate_novembro_2019.jpgO programa para a recuperación e posta en valor dos nosos nomes de lugar, o programa Toponimízate e todas as vertentes tecnolóxicas que o acompañan (incluída unha aplicación móbil), van proseguir o seu itinerario polas nosas vilas e cidades. A nova andaina do programa chegará desta volta a 16 localidades da Rede de Dinamización Lingüística (RDL). O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, presentaron onte na Coruña a terceira edición do programa que coordina a RAG coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo.
Estas son as vilas incluídas na nova andaina: Mazaricos, Manzaneda, Ribadavia, Cambados, Beariz, Ordes, Guitiriz, Lalín, Taboada, Muxía, Noia, Folgoso do Courel, Cerdedo-Cotobade, Pazos de Borbén, Vilalba e tamén O Bierzo.
toponimizate-cartaz.jpg O secretario xeral de Política Lingüística incidiu desta maneira no gran valor da toponimia galega e a necesidade de protexela: “Cómpre salvagardar e poñer en valor o patrimonio inmaterial que constitúen a toponimia e a microtoponimia, unha gran riqueza e obra colectiva dos galegos e das galegas, que non podemos deixar esmorecer”. Segundo engadiu, está previsto ademais que Toponimízate chegue en datas vindeiras a centros de día de maiores, en colaboración co Consorcio Galego de Benestar.
O presidente da RAG salientou que “con esta iniciativa, pretendemos implicar o conxunto da sociedade, tanto institucións locais como particulares, na reivindicación e defensa dun dos nosos grandes tesouros históricos”, dixo, engadindo que “a través dos nomes dos lugares podemos seguir a crónica de nós, a memoria do que somos, a pegada dos devanceiros”. Na súa opinión, “Galicia ten unha riqueza neste campo moi superior a calquera outra comunidade europea e é a nosa obriga coidala, estudala e defendela”.
A toponimia como alicerce
A RAG e a Secretaría Xeral de Política Lingüística botan a andar a terceira edición deste programa de promoción da lingua galega para concellos pertencentes á RDL, que toma como base a toponimia de Galicia, disciplina que estuda os topónimos ou nomes propios de lugar. A acción volve enmarcarse nos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad, coordinados ambos os dous desde a Consellería de Vicepresidencia, Administracións Públicas e Xustiza, coa colaboración da AMTEGA e da Consellería de Cultura e Turismo. Conta coas contribucións do académico correspondente Gonzalo Navaza para a elaboración da información sobre a orixe e o significado dos nomes dos concellos, parroquias e aldeas.
Os encontros céntranse na toponimia galega (nos motivos da abundancia de nomes de lugar no país, toponimia galega como patrimonio inmaterial…) e tamén na propia de cada concello (significados dos nomes das parroquias e das aldeas) e en como consultar a toponimia xeorreferenciada de cada municipio no Buscador de topónimos ou nas utilidades desta ferramenta TIC.
Toda a información e o calendario de sesións irase actualizando no Portal da Lingua Galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?