Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A 3ª edición de Youtubeir@s entrega este 29 de novembro os seus galardóns (en Santiago)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A 3ª edición de Youtubeir@s entrega este 29 de novembro os seus galardóns (en Santiago)

Redacción
Publicado: 25/11/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

gala_youtubeir_s_orixinal.jpgO proxecto Youtubeir@s, que busca ateigar o YouTube e outras redes sociais de audiovisual en galego, vai celebrar este 29 de novembro a entrega de premios da súa nova edición, a terceira. Será no Teatro Principal de Santiago e contará coa presenza de Patricia de Lorenzo, o DJ Manu TF e a graffiteira Iria Fafián, que serán as encargadas de animar o broche de ouro da actual convocatoria dos galardóns, aos que aspiran un total de 27 finalistas entre os 252 vídeos e canles participantes que concorreron nesta terceira edición. As entradas son gratuítas e pódense retirar no despacho de billetes do Teatro Principal no horario de 18.00 a 20.00h.
A gala final do certame, (organizado polos concellos de A Baña, Ames, Carballo, Cedeira, A Coruña, O Grove, Moaña, Ourense, Rianxo, Ribadeo, Pontevedra, Santiago e Teo, e polas universidades da Coruña, Santiago e Vigo e a Deputación da Coruña), será conducida pola actriz Patricia de Lorenzo, que se transformará en Isaura, a súa personaxe na peza teatral Fillas Bravas do Grupo Chévere, mentres que Manu TF ocuparase de poñer a música e Iria Fafián elaborará en directo un gran graffiti para celebrar o final desta terceira edición de Youtubeir@s. O fío temático da gala serán as vantaxes e potencialidades de facer que a comunidade de youteiras sexa o máis ampla posible, amais de “diversa e consolidada”: un nutrido colectivo de de creadores e creadoras dixitais galegas unidos baixo o lema Conéctate á comunidade e multiplícate.
En total, os/as vencedores/as recibirán 6.500 euros repartidos nas categorías de vídeo-facermos, vídeo-opinarmos ou canle, dotadas con 1.000 euros cada unha. Tamén se entregarán catro premios máis valorados en 500 euros cada un e que recoñecerán a creatividade, a eficiencia comunicativa, a calidade técnica e a calidade lingüística dos vídeos presentados. Darase a coñecer tamén na gala o premio do público que xorde dos vídeos propostos polas persoas usuarias de YouTube.
252 inscricións e canles e 6.500 euros en premios
Nesta terceira convocatoria rexistráronse un total de 252 inscricións, entre vídeos e canles participantes, o que significa máis de 1.000 minutos creados en galego e incorporados ao YouTube este último ano. Ademais, constátase un aumento na participación, que pasou das 202 inscricións de 2017, ano en que se celebraron os primeiros Premios Youtubeir@s, ás 252 desta edición, que aspiran a uns galardóns divididos en nove categorías e cunha dotación económica total de 6.500 euros.
No apartado de vídeo-opinarmos rexistráronse un total de 129 vídeos participantes, mentres que á categoría vídeo-facermos aspiraron 89 vídeos, á de canles optaron un total de 32 e na nova categoría deste ano de vídeo-cantarmos competiron 30 vídeos. Cada unha destas catro categorías conta cun premio de 1.000 euros e as producións gañadoras serán determinadas polo xurado (integrado por Nel Vidal, Johana Paradelo, Tomás Lijó, Brais Nogueira e Inés Salvado), quen tamén decidirá os premios dotados con 500 euros á creatividade, á eficiencia comunicativa, á calidade técnica e á calidade lingüística. Por último, na gala darase a coñecer tamén o galardón á #propostayoutubeira, premio dotado con 500 que entrega o público do proxecto Youtubeir@s.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?