Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPETIG solicita a equivalencia dos seus títulos co Grao de Enxeñaría Informática a efectos de docencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPETIG solicita a equivalencia dos seus títulos co Grao de Enxeñaría Informática a efectos de docencia

Redacción
Publicado: 25/11/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Marcos Mata, presidente do CPETIG na última edición de Iuristicgal
Marcos Mata, presidente do CPETIG na última edición de Iuristicgal
O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) continúa nesta recta final de 2019 coa súa histórica loita a prol dos dereitos da profesión que representa. Nesta liña sitúase a carta enviada a semana pasada ao director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación na que se lle solicita que se admitan os títulos de Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión como equivalentes ao Grao en Enxeñaría Informática, “respectando así o establecido sobre correspondencia das titulacións universitarias no marco do Espazo Europeo de Educación Superior”.
Segundo informa o CPETIG, “esta solicitude ten a súa orixe na Resolución do 19 de novembro de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de diversas especialidades, entre outras, Medios Informáticos”, na que aparecen como excluídas persoas coa titulación de Enxeñaría Técnica Informática, por causa de “titulación inadecuada”, explica o colexio reflectindo a información achegada nas bases, engadindo o CPETIG que “tendo en conta que na convocatoria se especificaba como titulación de acceso á lista para Medios Informáticos o Grao en Informática ou título declarado equivalente, sustentamos a nosa solicitude na Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 8 de xuño de 2009, que establece o Grao de Enxeñaría en Informática como o título universitario oficial ligado ao exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico en Informática”.
Asemade, segundo as correspondencias de titulacións publicadas no BOE do 11 de maio de 2015, o CPEIG recorda que os títulos de Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión ou en Informática de Sistemas teñen correspondencia co título de nivel de Grao.
A entidade profesional que preside Marcos Mata fai saber ademais que existe un precedente en relación a todo o devandito nunha recente sentencia de maio de 2018, do xulgado do Contencioso-Administrativo nº 5 de Oviedo, segundo a cal a Consellería de Educación do Principado de Asturias debe incluír as titulacións de Máster e Grao en Enxeñaría Informática, Enxeñeiro, Licenciado, Enxeñeiro Técnico e Diplomado en Informática, entre outras, na especialidade Medios informáticos.
En base a todo isto, o CPETIG solicita á Consellería de Educación que proceda a admitir os títulos de Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión como equivalentes ao Grao en Enxeñaría Informática.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?