Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O IGAPE destina 1,91 millóns a impulsar a transformación dos clústeres e das súas empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O IGAPE destina 1,91 millóns a impulsar a transformación dos clústeres e das súas empresas

Redacción
Publicado: 25/11/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

transformacion_dixital-6.jpgA Consellería de Economía, a través do IGAPE, concederá axudas por valor de 1,91 millóns de euros para o impulsar os clústeres galegos con vistas ao fortalecemento da competividade das pequenas e medianas e empresas. En total, 11 agrupacións empresariais e alianzas innovadoras dos respectivos sectores económicos porán en marcha ata outubro de 2021 plans de formación e accións dirixidas ao fomento da dixitalización e a internacionalización do tecido produtivo da nosa Comunidade, que se prevé que mobilicen 5 millóns de euros.
Estes son os sectores representados: motor, naval, madeira, industria da alimentación e conserveira, audiovisual e edición e comunicación, TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), granito e téxtil. As entidades que desenvolverán os proxectos ao abeiro da última convocatoria son o Clúster de Empresas de Automoción (CEAGA), o do Naval ACLUNAGA, o da Madeira e do Deseño, o Alimentario Clusaga, o do Audiovisual, a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados (ANFACO-CECOPESCA), o Clúster TIC, o da Acuicultura CETGA, o de Comunicación, o do Granito e o Téxtil Moda COINTEGA.
As axudas, en palabras do IGAPE, “contribuirán a consolidar os clústeres galegos para que sigan mobilizando recursos e proxectos e reforcen o seu papel activo á hora de definir estratexias cooperativas nos diversos ámbitos de desenvolvemento tecnolóxico, ademais de continuar co seu papel fundamental de aceleradores da Axenda Industria 4.0 e impulsoras do novo modelo industrial”.
En definitiva, as axudas apoiarán o papel destas organizacións como “pezas estratéxicas” no impulso de proxectos innovadores, dando soporte á transformación dixital das firmas de cadanseus eidos influencia (poñendo o foco nas PEME), amais de reforzar o papel dinamizador dos clústeres na actividade económica de Galicia, xa que os sectores produtivos representados por estas entidades acada algo máis do 75% do PIB de Galicia.
As axudas acabadas de publicar dan continuidade ás convocatorias realizadas no período 2013-2018, ás que se destinaron 5,4 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?